Autor: dorvisou
¡vaia fama de rouba-fotos que teño!
Ao mellor ten algo que ver, eso de atacar a xente co obxetivo pola espalda, coa mala disposición que teñen certos adultos para posar.
As fotos da xente de costas gústanme porque oferecen ese lado máis impersoal e sombrío. O feito de levalo cú tapado fainos a todos máis interesantes, non teño dúbida...jeje
Xisbe, pois eu non fun. Agora limitáronme as maniobras no ordenador a acender e apagar. Para calquer outra cousa teño que pedir permiso o meu fillo. Xa ves, cría corvos e ...
Peke, pois xa me contaras que cámara é. A minha chegará a finais deste mes. Estou loco de esperar...
Unha muralla de bicos a todos.
Fecha: 16/01/2005 12:21.