CouSaS Da MoDeRNiDaDe

cativo_altivo.jpg
Quen temos ou tiveron fillos adolescentes na casa sabemos ben deses desaxustes emocionais que levan os rapaces a aislarse dos demais. Xa cansado da pouca comunicación que mantíñamos estos últimas semáns decidin falar con el para preguntarlle se tiña algún problema no que lle podera axudar e chegamos a conclusión de que, para conseguir unha maior comunicación entre os dous sería preciso poñer un router para conectarse os dous a internet e poder chatear e intercambiar impresións sen cabrearse nen poñerse nervoso.
Agora facémolo desde o meu ordenador que está na sá e o del que está na súa habitación. Só me puxo unha condición, que ningún dos dous escribise en letras maiúsculas. E claro que aceptei... como non ía aceptar.
¡Non me diredes que esto non é poñer a tecnoloxía o servizo e progreso da humanidade! ¡ Válgame deus que sí!
¡Saúde e terra! (que pola vosa culpa vou chegar quince minutos tarde a traballar)
28/01/2005 22:04

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Paréceme caralluda a idea se así conseguides comunicarvos mellor. Para que logon falen mal das modernas tecnoloxías.
(Espero que me contes daquel conto. Promete. ;))

Fecha: 29/01/2005 01:17.


gravatar.com
Autor: muralla

Dígolle coma Peke, benvido todo o que axude a entendernos, e mais si é cos fillos...
Bicos. Muralla.

Fecha: 29/01/2005 21:36.



Autor: dorvisou

Muralla e peke, a verdade é que non hai queixa do rapaz. A cousa de ter duas conexións a internet é para poder ter cada un o seu propio espazo, mais non me deixou indiferente aquelo de estar chateando con el a outro lado da parede.

Peke, xa tiña que habelo feito, mais sempre estou á espera desa hora morna para escribir.
Encantoume o libriño. É un conto para nenos e adultos tamén. Hai libriños para nenos que son unha gozada para nós.
Xa o lein e agora estou a contarllo a minha Iria que está a sorprenderme cos seus coñecementos de galego. O seu irmao fala sempre galego e nos tamén, de ahí que non teña problemas para entender a maioria das palabras.

Fecha: 30/01/2005 11:49.



Autor: Vendell

Xa sabe, o seguinte paso é ir tomar uns cacharros e botar unhas pezas ;-)

¿Sanitas ou muface?

Fecha: 01/02/2005 23:48.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]