ReaLiDaDe PoLiTiCaMeNTe DeSViRTuaDa...

espellismo_2.jpg
¡Ai Deus,Deus,Deus...!
¡Canta desgana, canta perguiza...!
Sinto a necesidade de volver a beber auga desta fonte, na procura desa dose de inspiración para seguir facendo fotos, para seguir enchendo de fabas de cores o meu saco da fantasía, para seguir medrando...axeno os esforzos de Zapatero e Rajoi por arranxar cada un a súa nación.
Intentarei buscar un oco para pasear pola muralla nesos días estranhos agarrado da man de Gradicela, a sombra dun paleon para investigar na dorfunteca unha cuestión personal na costa dos arrieiros... para seguir soñando con un mundo máis xusto e "máis" mellor.
09/10/2005 12:47

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Bicos. Impacta esa foto.

Fecha: 09/10/2005 15:56.


gravatar.com
Autor: goretoxo

aviso: a blogaliza pasa a ser un "planet"... habera que difundir a nova...

Fecha: 09/10/2005 22:44.


gravatar.com
Autor: pepe penas

Tardaches moito tempo en volver por aqui...se tardas tanto en ir a Dorvisou xa non vas a saber onde está a Costa dos Arrieiros; polo visto van facer un Dorvisou doutra maneira..a escola disque está condenada a morrer diante da Capilla. A de Vilar na deixaron caer..agora da o xenio entrar nela.
Unha aperta

Fecha: 09/10/2005 23:17.



Autor: Paco Penas de Dorvisou

Grazas, moitas grazas Peke.

Ía sendo horas gore. O blogomillo precisa dela para poder facer "nación".

Pepe RePePe...Ufff, non sabes cantas ganas tiña de volver a postear e ler as vosas bitácoras. A verdade é que estiven bastante desconectado deste mundo. Tamén é certo que aproveite o tempo para facer moitas outras cousas.
Unha forte aperta, das de verdade.

Fecha: 10/10/2005 12:41.


gravatar.com
Autor: dorfun

...un nunca se vai... é coma nesas xanelas, dependendo de por cal asomes, varían as cousas que ves... todas teñen o mesmo sentido... pero distinta dirección...

Fecha: 12/10/2005 21:27.



Autor: Paco Penas De Dorvisou

Como dicía Xesus na derradeira cea " Hoy me veis, mañana no me vereis pero me volvereis a ver..."

Fecha: 13/10/2005 02:04.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]