
Os nenos galegos que non nacen están agochados coma paxariños de inverno tralas silveiras.
Albiscan. Axexan. Ven o panorama e din: ¡ Que naza outro!. A min deíxame estar aquí quentiño, no ventre dos soños...
Nós xa estamos resabiados. Aceptamos como normal o goberno da mediocridad.
Pero o neno galego que aínda non naceu tómase tempo para reflexionar.
Mira polo ollo da pechadura, colle medo, e agóchase nun recuncho do faiado onde se fai invisible.
-¡ Anda, ho! Sae de aí.
-Non quero nacer.
-¿E logo por que ?.
-Non vexo porvir.-Veña, ho, sae, que xa falaremos con Cacharro...
Texto de Manolo Rivas recollido nas páxinas de
Secundino Lorenzo . Un home coa conciencia moi tranquila, apaixoado da natureza e defensor da Galiza dos mil rios.

Autor: pepe penas
Teñen que volver a nacer coma antes: meu bisavó foron trece irmáns, meu avó foron seis, meu pai foron sete;o chegar a min xa foi a cousa a menos.
Botalle un ollo o correo, compre que me asesores..
una aperta
Fecha: 07/12/2005 01:41.

Autor: acedre
Algo parecido pasou na minha familia.
Os meus fillos estan achantados e non sairan de momento.
Non hai pena que venhen nenos doutras partes e o pais non vai desaparecer asi como asi.
Fecha: 07/12/2005 03:31.
Autor: caladinha
Agora xa debe ser algo tarde para volver agocharse nese útero de ensoñacións... ou non?
Fecha: 07/12/2005 11:11.

Autor: Marinha de Allegue
Este post lémbrame unha historia que lin fai tempo; era un diario dun neno que contaba as súas experiencias no seo materno.
Alégrome de descubrirte.
:)
Fecha: 08/12/2005 14:14.
Autor: Paco Penas
Pepiño, se volven a nascer como antes, volveran a morrer os meniños tamén como antes...a non ser que nos cambien o euro.
Acedre, planificar non está mal, o pior e cando se quere e non se pode. Eu non me arrepinto da minha experiencia de pai. E moi positiva anque ás veces tamén é un coñazo.
Caladiña, ti xa non poderias vivir sen ver chover.
Fecha: 11/12/2005 02:21.
Autor: Paco Penas
Peke, ti debes de sabelo ben. ¡Vaia sorte dalgúns alumnos poder contar con tales mestres!
Alegre de Allegue, que lástima teño de non haber compartido espazo contigo nesa eira lúdica da Solaina do noso amigo Paco Lareo.
Beixinhos con redoble como o de Cañita Brava.
Grazas Lauradinha, moi agradecido polo que me toca. A min tamén me encanta como escribe M. Rivas, e a quén, por certo, tiven nunha tempada de veciño.
Fecha: 11/12/2005 02:35.