Blogia
DoRViSou

PRoFuNDiDaDe De CaMPo

<center>PRoFuNDiDaDe De CaMPo</center>

PHoToFRiDaY_Depth of Field_ PHoToFRiDaY

Vai chegar o día que na minha aldea só se podan sacar fotos con moi pouca profundidade de campo por mor das putas néboas dos encoros de Merda. Xa sei que estamos no Nadal e hai que manter a calma, pero mecajundios...(si con minúscula, non sexa que se ofenda alguén ou me peche Blógia o blog por blasfemar o día de Navidá.)

Eu quería falar sobor da profundidade de campo , que foi unhas das primeiras cousas que me entusiasmou no mundo da fotografía, pero xa non me queda jás. O carnaval acaba conmigo, espero que as fotos vos sirvan de exemplo.

un día sen néboas


Moita profundidade de campo é como cando non hai néboas e se pode ver todo nítido desde a eira ata o cabo da horta. Bueno, máis ou menos...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

Paco Penas -

Thirthe, é un problema moi grande, non aporta ningunha riqueza o povo galego, somentes escarallan os rios para proveito de catro, non respetan nada de nada. A minha aldea estará rodeada de tres pantanos moi prontiño.

Muralliña, graciñas, moitas graciñas .

Muralla -

Paquiño, non te sulfures que con fondo ou sin fondo, as tuas fotos son unha divinidade...
Bicos e apertas.

thirthe -

tes razón con iso dos encoros, xa somos un país de néboas, e de aquí a pouco hánnos medrar monstros do lago ness.

(e algúns até chegamos tarde para protestar, que niso tamén se mide o desenvolvemento dun pobo)

beixos e boas festas

Paco Penas -

Os bons obxetivos son caros pero sempre fan a un millor fotógrafo... eu desde que merquei un APO MACRO 150mm 1:2.8 estou que non collo dentro de min. a súa luminosidade permíteche xogar moito máis co diaframa e a velocidade. Onte dicíame un bon amigo que ás veces cando estamos sacando fotos non temos en conta de que non hai unha soa foto, que esa foto sempre ten duas ou tres variantes, que non se lle saca proveito a cámara porque só buscamos esa foto única.
¡Eh, que isto non é un master gratis, só un comentario!
Bicos a mansalva.
Bicos a mansalva.

Marinha de Allegue -

Tranquilo, tranquilo non se alporice, que lle pode sair unha úlcera no estómago e a parte da dor custa sanala. O Nadal é o que ten invita a... En fin falaba vostede da profundidade non??. Direille que as clavelinas teñen unha cor profunda e feiticeira, e o camiño da eira ata o cabo da horta dalle saude a calquera.
Un beijo de cor.
:)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres