FaCaL SuPeRSTaR

facal_do_superespacio


Foto cedida por Checha

Erase unha vez un home de nome Facal que procedía doutra galaxia e coidaba que todo os humanos desaproveitaban
o grande potencial que atesouraban por iñorantes e indolentes.
Esa enerxía da mente que xunto da enerxía do cosmos e o bocadillo das once
abren as portas do paraiso os terrícolas que non despegan as ás do chan.
Facal é o grande filántropo en canto as ideas e consellos,
pedra filosofal com máis influencia no povo que Aristóteles, platón e Sócrates xuntos.
Home despercutido, que como os cans madruga moito para folgar máis tempo.
Home dun gusto francés exquisito en canto a arte de vivir,
e a elegancia personificada a hora de pedir... Sen esquencer esa estraña capacidade camaléonica de adaptación o medio,
que nos explica moi ben como sucedeu a transformación da folclórica Espanha da peseta na Espanha sen ganas de folclore do euro,
cando pasou de pidir un peso a dous euros...
30/11/2006 11:51

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Mercedes Seixo

jejej me partooo!! a verdade e que pos que coñecemos a facal é a mellor descrición que se podía facer del! É a foto é buenísima checha. Un saúdo

Fecha: 30/11/2006 17:14.



Autor: Paco Penas

Mira que estiven veces con Facal e nunca se me dou por facerlle fotos...co doado que é comprala súa vontade. É todo un personaxe, deses que fan máis interesante a historia dun povo.
Un bico, Mercedes.

Fecha: 30/11/2006 18:52.


gravatar.com
Autor: paideleo

Mui bo o de madrugar para ter mais tempo para folgar.
O Facal -coma tantos outros- merecia un monumento.

Fecha: 30/11/2006 22:19.



Autor: checha

Facal...un ser maravilloso...digollo cada dia á xente, por moito tempo ke pase nas cruces, cando quero botar unhas risas el sempre pode axudarte...e tolo si, pero nunca parvo...jejej

Fecha: 30/11/2006 22:50.


gravatar.com
Autor: pepe penas

Non me decato quen pode ser Facal; se e das Cruces tiña que coñecelo

Fecha: 01/12/2006 00:19.



Autor: Paco Penas

Si non coñoces a Facal é que non coñeces ben as Cruces. Facal é a reencarnación de todolos deuses misturados. Foi unha das primeiras persoas en pronosticar unha globalización bestial en contra da tenda veciña, a tenda amiga....e moitos outros milagros anónimos que fixo altruistamente :-)
Un saludo Pepe.

Fecha: 03/12/2006 20:18.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

portada_1

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros