Nestes días o Teide amósanos o seu vestido de gala, Blanco pureza para os ollos dos guiris, godos e outras herbas. Mañan espero subir e despois, nunca mellor dito, xa veremos...
Por certo cando vexo os roques de Garcia non podo deixar de sentir nostalxia dos billetes de mil....

Autor: paideleo
Teño fotos ai e acostúmase a dicir que nese momento un é a persoa máis alta de España.
Fecha: 19/03/2007 20:26.

Autor: Sergio Vargas
Muy bueno el homenaje , pero hombre , todavia guardas los billetes de 1000 pelas !!y pensar que ahora son solo 6 euros...
Fecha: 19/03/2007 23:27.
Autor: Paco Penas
A min pasoume o mesmo cando entrei no Pazo de Amancio Ortega...sentínme a persoa máis rica :-)
En serio, eu aínda non cheguei a cima de todo.
Saúde Pedriño...
Sergio, el euro ha hecho más rico al rico y más desgraciado al pobre...
Un abrazo.
Fecha: 20/03/2007 12:24.

Autor: Ninsesabe
Unha pregunta de ignorante, así que ten paciencia. Esa corrente de auga ¿é permanente? E que eu non recordo tela visto, manda carallo...
Fecha: 20/03/2007 18:34.
Autor: Paco Penas
Somentes cando chove ou se derrite a neve aparece esta pequena lagoa, claro, que ao sacala a ras do chan parece outra cousa.
Fecha: 20/03/2007 20:25.
Autor: Beatriz
incrible as fotos.
hoxe no diariodeavisos saíu unha foto do teide todo nevadiño que daba gusto velo. a última vez que subín foi o ano pasado e sempre me fascina (a pesar, ás veces da masificación)
apertas
e si, ¡que mágoa que teñamos un ollos tan milpesetarios, porque cada vez que vexo a rocha vén á miña mente benito pérez galdós (que estudou no instituto cabrera pinto, da laguna, pero era gran canario) e por suposto as mil pesetiñas de marras
Fecha: 21/03/2007 01:34.

Autor: Mercedes Seixo
Que bonita a foto...debe ser xenial visitar esas alturas...espero algún día coñecer esas terras. O billete trae moi bos recordos que inmesamente rica me sentía eu cando me regalaban un billete de mil...Un saúdo
Fecha: 21/03/2007 16:49.
Autor: Paco Penas
Beatriz, eu teño subido o Teide de madrugada e tanta soedade asústabame... eu subo tódolos anos, encántame ese contraste.
E do billete de mil...¿que che vou contar?
Mercediñas, cando queiras vir estaría encantado de facer de guía ¡anímate muller!
Moitos bicos.
Fecha: 22/03/2007 02:10.