o VeRBo e a CaRNe...

a matanza do porco 010-2
O que eu digo é que non necesitamos sacrificar animales para sobrevivir. Nunha sociedade máis civilizada, sobrarían alimentos. É nos países máis ricos onde máis animales se sacrifican sen necesidade. Sabedes por que case se extinguen os búfalos nas grandes praderías americanas? Pola lingoa. Os indios aproveitaban todo, mais as grandes matanzas foron feitas polos brancos. A lingoa de búfalo foi un menú de moda nos restaurantes de Nova York. O búfalo Bill era unha máquina de matar, un cazador industrial. Nun día disque matou máis de tres mil búfalos el só...
... Ten razón Holando, dixo Arturo da Silva. Iso si que sería poñer o mundo do revés. Deixar de sermos carnívoros. Mais xa sabes o que facían os monxes de Oseira en cuaresma, cando estaba prohibido comer carne. Tiraban os porcos ao río e logo botaban as redes para pescalos. Os labradores, que non podían nin cheirar o touciño, baixo pena de excomuñon, foron protestar por aquel abuso e o abade dixo: Todo o que cae na rede é peixe!
( Manuel Rivas en "Os libros arden mal)
02/04/2007 22:14

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Ninsesabe

Así da justo, con corresponsais e todo.E a foto non desmerece.

Fecha: 03/04/2007 10:46.


gravatar.com
Autor: paideleo

Ha,ha. Quen era bo peixe era o abade.

Fecha: 03/04/2007 11:07.


gravatar.com
Autor: peke

Xa me parecía que escoitara o conto. Non o escoitei, lino. Moi bo post. :)

Fecha: 03/04/2007 16:00.



Autor: Paco Penas

Ao final vai ser que eu non existo. O texto é de Manuel Rivas e a foto do meu fillo...pero hoxe o que non podedes negarme é o dereito a cumplir anos...44 marabillosos 44 anos :-)

Fecha: 04/04/2007 12:34.


gravatar.com
Autor: Mercedes Seixo

MOitas felicidades Paco!!!o 4 é o meu numero preferido, así que un dobre catro, parabéns.festexa o día como ben mereces.bikos

Fecha: 04/04/2007 13:18.



Autor: paideleo

Parabens !.
Xa lin o do teu aniversario no blogo de Suso Lista e paresme a miin que faceriamos un bo trio de aries corentons.

Fecha: 04/04/2007 16:44.


gravatar.com
Autor: Ninsesabe

44...
¡Quen os pillara!
¡Felicidades!

Fecha: 04/04/2007 17:23.


gravatar.com
Autor: pepe penas

Parabéns por eses 4 4; lembroume dun coche que lle chamaban Reanult 4-4 e que durou moitos anos; desexo que ti dures tamén moitos, e eu que poida ver algúns...cantos mais mellor.
unha aperta.

Fecha: 05/04/2007 12:11.



Autor: Anónimo

vaia, así que facendo anos....
¡felicidades!, aínda que sexa un día tarde-

Fecha: 05/04/2007 22:27.



Autor: Beatriz

outra vez igual!!!, a do anónimo era eu, que esquecín identificarme

Fecha: 05/04/2007 22:28.



Autor: Paco Penas

De verdade, que como esto siga así fareime home deseguida.
Moitas apertas e bicos para todos.

Fecha: 06/04/2007 04:01.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

portada_1

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros