Uns cantos compromisos manteranme apartado deste blog uns días. Do 25 de Xuño ata o 16 de Xullo montarei o meu acampamento en Dorvisou e aproveitarei para facer novas fotos e coñecer como sempre un pouco máis a terra e se cadra, tamén a algún dos meu queridos blogueiros. Mentras teño que organizar duas exposicións, unha aquí en Arona e outra na Fundación A Solaina de Piloño nas actividades da próxima forxa literaria. Actividades que intentarei dar a coñecer tan pronto como sexan cerradas as listas de participantes deste ano. O que teño claro é que seguirei husmeando un pouco o que facedes pero tamén teño a necesidade de desconectar deste recuncho para facer outras cousas. Cousas como darse un refrescante baño polas mañans para liberar as ideas. As minhas xornadas de traballo son certamente esgotadoras e o desorden que me rodea, coido que ben merece a pena atallalo antes de que me governe.
Bicos e apertas incondicionais para todos.

Autor: Manuel Busto Galego
Disfruta desas vaccación e déixate ver cando veñas beber nas fontes da túa terra. A ver se esta é ocasión para nos coñecer. Unha aperta.
Fecha: 22/05/2007 13:23.

Autor: Ninsesabe
¡Boas vacacións!
A ver si coincidimos por aí aljún día e me invitas a un viño...Ou a dous.
Fecha: 23/05/2007 10:35.

Autor: Mercedes Seixo
Pasao ben nesas agardadas vacacións e a ver se nos vemos! cando é esa forxa literaria na Solaina?q actividades se soen facer? un bikiño
Fecha: 23/05/2007 18:10.

Autor: Marinha de Allegue
Adícalle un tempo ao divertimento que é xusto e necesario, e anímate a pasar por aquí antes do 25 de xunho.
Beijosssss.
;)
Fecha: 25/05/2007 02:00.
Autor: Paco Penas
Quedar para tomar un café non mola, parece máis ben cousa de marujas...é millor ir de viños, de troula :-)
Para min sería un pracer mirarvos e xogalos viños pois son o rei do "chinchi-monei". Poñereime en contacto con todos de contado.
Mercedes, a forxa literaria é un obradoiro das letras con recitales, música, teatro, homenaxes e outras moitas actividades para rematar co catedrático da "facultade da filloa de Merza" como sempre. Se queres podes pasar polo blog da Solaina e pinchar no tema de forxas literarias para saber algo máis, ou copias aquí http://asolaina.blogia.com/temas/forxas-literarias.php
Bicos e apertas.
Fecha: 25/05/2007 10:46.

Autor: susolista
Disfruta, e acanda o viño, comelle unha tapa de orella con picante, senón vas acabar cantando baixiño.
Fecha: 28/05/2007 23:08.

Autor: Gloria
cuando tu vas yo vengo de aqui... ah no, eso es una canción... Al reves, cuando vuelvas yo estaré en Menorca ya y hasta mediados de agosto. Aunque estaré conectada... que vicio esto joer... Espero que lo estes pasando muy bien.
Saludos.
Fecha: 20/06/2007 09:15.
Autor: Anónimo
pero paco, ¡aínda estamos de vacacións?
mimadriña querida!!!, que as aproveites.
Fecha: 12/07/2007 02:07.