o FeiTiZo Da NoiTe

O lobo

DeaD oF NiGHT_ PHoToFRiDaY _ NoiTe DoS MoRToS

Foi nunha noite feiticeira, despois do churrasco , do viño, do licor de café... cando o amigo decidiu levarnos ao museiño da Solaina_filla para destapalo xarro das esencias. E como se de unha caixa musical se tratase, ao abrilo baúl dos recordos , unas notas musicais que emerxían do fondo daquela tulla, atraparon a noso espíritu para escoitar unhas historias que mesmo semellaban estar sacadas dalgúns relatos de Charles Dickens ou ambentadas nas vidas exemplares de Uxía Casal.

Cousas sen máis nexo que a poeira do tempo, cousas sen máis liñas que as da vida consumada, como aquel frasquiño das horas de cartón escritas e reducidas a borralla como quen quere desandar o camiño de volta, a damajuana espida onde repousaban as cinzas dun amigo ou a calaveira dun lobo atopada por algún recoveco do monte de Alcobre.

Aínda non sei dos desvelos dos meu amigos que se quedaron a durmir na Solaina aquela noite. Eu, despois de baixar o coche da garda de tráfico cara a Santiago, collin o coche e funme dereitiño para a minha casa, sempre a cabalo da liña contínua.

 

04/12/2007 00:19

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: paideleo

Quedouche ben refrexada esa noite de esmorga e gustoume especialmente a foto da "damajuana".
E o acento da romanesa non era venezolano. Si que trataba de " usted " a todo o mundo pero mais nada.

Fecha: 04/12/2007 11:52.



Autor: Paco Penas

Paidoneno, son noites que perduraran na memoria para facernos máis felices nas lembranzas.
En canto a romanesa coido que non contaches todo o segredo..jeje

Fecha: 09/12/2007 11:38.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]