
SuNRiSe PHoToFRiDaY aMeNCeR
O peor que che pode pasar é crer que amañece cando despertas....jeje.
Sinto un pouco esta indolente presenza polo blogomillo. Xa non podo roubarlle máis tempo a almofada e terei que organizar mellor o meu tempo para facer tamén outras cousas . Ás veces, cando teño un par de horas libres, dame medo entrar nos vosos blogs porque xa sei que non vou facer máis nada deixandome levar pola maraña e acabando sempre atrapado... Terei que acostumarme a postear e pasar polas vosas covas os fin de semana, que é cando teño algo máis de folganza.
Tamén quero amosar o meu disgusto con aquel xoguete que me trouxeron os reises vagos fai dous anos. Non é de recibo que unha cámara de fotos de ese formato teña tantos problemas coa limpeza dos sensores. Estou máis que cabreado porque mandala arranxar á Madrid cústame arredor dos trescentos euros e mercar esta outra, pode cústarme o divorcio. Pensareino :-)

Autor: tina oiticica harris
Qual é a língua mais fácil para ti: o português ou o espanhol?
Não sei o galego. Ando enferma, Dorvisou, e por isso, mal comento. Teu crepúsculo é maravilhoso. Bom dia.
Fecha: 16/12/2007 08:30.
Autor: Paco Penas
Tina, encántame a língoa portuguesa.
Os meus melhores desexos para ese ánimo e que pronto poidas disfrutar de todas as boas sensacións.
Fecha: 16/12/2007 10:35.
Autor: Anónimo
paco, a min pásame igual, agora só entro un chisco na fin da semana, a vida bole e eu intento bulir máis ca ela, pero aquí estou gozando deses amenceres que comezan xusto cando ti os retratas.
un bico
Fecha: 16/12/2007 14:38.

Autor: peke
Si, xa che dixera que o da cámara era unha putada, pero en fin. A foto preciosa, coma sempre.
E cambiaches o deseño do blog. O verde era moi bonito, a este custarame afacerme. Bicos.
Fecha: 16/12/2007 19:30.

Autor: Mercedes Seixo
Amencer ben bonito, moitos deses teño presenciado con esa néboa matinal tan característica...Moitos bikos e sorte co da cámara
Fecha: 17/12/2007 13:29.
Autor: ERIC
Menudo amanecer que nos regalas... te han quedado unos colores maravillosos.
Saludos
Fecha: 17/12/2007 13:40.

Autor: Meris
Donde é esta foto? por un momento pensei que era a Madanela de Carbia, pro supoño q non, xq non se me fai coñecido o sitio...
Fecha: 17/12/2007 16:59.

Autor: Manuel Busto
Paco, sobresaliente. Permíteme outro título para esta grande obra da arte da natureza , do teu ollo e da túa enfermmiza cámara: A beleza da brétema. A paisaxe da mañá sublímase co misterio da néboa e imprímelle un carácter doce e romántico
Fecha: 18/12/2007 00:35.
Autor: Paco Penas
Beatriz, que pouquiño che queda para non sertir os tentos dos dedos co frio, esbarar na xiada e sonar osa mocos coa man, do reves...
Coidate, minha rula e cando voltes, vémonos.
Conxurada, grazas pola visita. Un día destes colgarei algúnha foto para que comprobedes a desfeita.
Mercediñas, ten coidado que non te colla o frio neses amenceres de volta á casa...jeje
Gracias Eric.
Meris, a foto saqueina baixando do castro de Cumeiro cara ao campo da festa de Cumeiro. Dende a Madanela teño moitas dese mesmo día.
Manoliño, a brétema é algo que cando se che pon sobor da cabeza non deixa pensar :-)
Os que nacemos ao carón dun río sabemos moito delas.
Bicos e apertas para todos.
Fecha: 18/12/2007 12:32.
Autor: Paco Penas
Peke, era máis ben por enredar. O negro molábame para o fondo das fotos pero non é a minha cor preferida. Coa cámara aínda non sei que facer pero a verdade é que estou un chisco desilusionado. As cámaras dixitais están evolucionando moi despresa e aos seis meses de comprar a máis moderna sacan outras. Téñoo que pensar, non podo volver a equivocarme.
Graciñas Marinha, alédome moito que che gustara.
Bicos as dúas.
Fecha: 19/12/2007 02:45.

Autor: Roberto Gribnicow
Maravilloso Paisaje, y también el Encuadre, perfecto amanecer. En qué ciudad ó Pueblo de Galicia, vives ? Para saber cómo ubicarlo en un Mapa desde acá de Sudamérica, Argentina.
Fecha: 21/12/2007 03:15.
Autor: Paco Penas
Roberto, vivo en el sur de Tenerife, aunque no lo parezca :-)
Nací en una aldea de la Galicia rural, ayuntamiento de Villa de Cruces, antigua Carbia, Lalin...que tantos vínculos tiene con su querida Argentina.
Un saludo.
Fecha: 29/12/2007 12:09.