Blogia
DoRViSou

SeNSaCióNS...

Contraluz _1

Cámara fotográfica: Olimpus Camedia C-150 2.0 megapixel AF 5 mm 1:2.8

Autora do traballo: Iria Fernández .

Non pensedes que xa cambiei de cámara, gustaríame pero desta coido que non vai ser.

As fotos e a cámara son da minha filla. Unha artista e deportista con moita progresión e con máis futuro que o pai. A minha cámara está en Madrid para unha limpeza profunda das súas entrañas.

A sensación que teño nestas vacacións é de vacio. Teño conmigo ao meu fillo, a minha filla, a minha compañeira...pero fáltame a cámara de fotos. Levántome con dores de cabeza, non teño fame, estou cabreado todo o día e non quero ir a ningún lado. Unha cousa moi rara...

 

Menos mal que os meus o entenden pero ás veces aínda me parece que se burlan da min, pois onte escoitei como lle dicía a minha compañeira a Iria "dille ao teu pai que non sexa hipocondriaco ". O que me dixo a cativa non ten transcrición, pero bueno...

Contraluz_2

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

7 comentarios

Ninsesabe -

Neste caso a artista non se fixo, naceu...
Tranquilo, amigo, non te fajas ilusións que non cerro o blog, home, isto xa é un veneno...Referíame eu a cerre de ano, e titulaba ó xeito de antes cada día na tele: despedida e cerre...Entrei no sitiño da túa filla, pero o enlace da máquina fállame...

Paco Penas -

Ás veces os post tamén caducan...jajaja
Gracias amigos, los drives de la felicidad los tengo actualizados. Ahora, a jugarrrrr...
Muchos besos e moitos bicos:-)

O Raposo -

Lévao con calma oh, que xa recuperarás o tempo perdido coa cámara.
Fermosas fotos, vese que a filla ten man para eso.
Feliz 2008.

Beatriz -

ai, paco!!!, que ledicia me dá que a túa cámara estea facéndose un tratamento de beleza. xa verás, cando regrese vai estar tan feliz que non vai haber quen a pare a retratar... ¡anímese, meu!, anímese e goce dos seus e tamén da idea de que axiña retornará a súa inseparable ollada magnética de tecer soños con realidades. e feliz ano!!!!

Paky -

Maravillosas sensaciones reflejan tus imagenes. Te felicito. Feliz 2008. Un abrazo,

peke -

Que teñades un 2008 cheo de venturas. A cámara volverá limpiña e a punto. Paciencia.

Nocturama -

Lindas fotos de tu filla y el año comienza con càmara limpia. Feliz 2008 para vos y tu familia. Felicidades!
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres