Blogia
DoRViSou

PiNToR Que eSCRiBeS CoN aMoR

clausura 004

 

Vázquez pintor no centro da foto, arroupado pola calor humana de Damían Paío, Xabier Parcero, Carlos Negro e Antón Lamazares. Na Solaina de Piloño, nunha tardiña desas que ensanchan o corazón dos homes.

Através do maior dinamizador de AQUAM LATAM polo mundo, atopeime coa grata nova do premio da letra E da asociación de escritores galegos , a laboura de Xosé Vázquez pintor no eido das letras. Poderíamos dicir que os premios moitas veces non son xustos; unhas veces porque non se fai acopio de tal recoñecemento e outras porque quédanse curtos. Neste caso, eu daríalle ao amigo Xosé todas as letras do abecedario, polo sua laboura como escritor de poesía, teatro, ensaio, narrativa... pola súa actividade dinamizadora no mundo do teatro, Pola defensa dos valores de identidade da nosa terra através de calquer manifestación cultural que reclamase da sua presenza... e sobretodo, por algo que xamais debe quedar nun segundo plano, eses anos dedicados ao oficio de mestre. Ao millor, mira ti, é nesta silandeira actividade, no mundo da ensinanza, onde se faga merecedor, o noso amigo Xosé de tódolos premios que aínda non se criaron. Abofé que si...

O día 7 de Xuño, nas terras de Melide, o sol brilará con máis intensidade que nunca para dar, se cabe, máis claridade ás ideas da tribo.

O día 7 de Xuño, quen estivera alí cun sacho na man para axudarlle a plantar ese buxo ou sobreira. Estou seguro que o xosé é capaz de facer un enxerto de sobreira en Buxo para deixar deste xeito corpo e alma na memoria do tempo.

Os meus parabéns, labrador de palabras, como decía onte...e amante das abellas, como digo hoxe.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Paco Penas -

Manuel, non sabes canto me gustaría estar aí para poder fisicamente abrazar a xente. É unha das cousas que non pode superar nen con todos adiantos do século XXI.
Saúde e terra, companheiro.

Manuel Busto -

Amigo Paco: O noso Pintor hase sentir feliz con estas túas verbas emocionadas e sentidas e cos versos anunciados dese Río Grande de Fornelos.
Cadro contigo na xusta loanza do noso amigo, merecedor de premios e recoñecementos do pobo ao que el ten destinado a súa obra e a paixón na defensa do máis xenuíno do noso carácter como pobo.
Unha aperta de buxo, como corresponde.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres