Blogia
DoRViSou

DoRViSou No LaGaR...

IMG_4905

ZooM

 

Nesta casa acostumamos a escribir moito das cousas que non sabemos. Coido que sempre coa sana intención de aprender a escribir e a saber un pouco das cousas.

Como algo xa sabedes da minha alma taberneira quero compartir as minhas experiencias acumuladas tanto no exercicio do oficio como amante dos tenderetes. Prometo escribir máis dos placeres mundanos e profundar menos no trasteiro do ser humano :-)

Os meus primeiros escarceos no mundo do Deus Baco escomenzaron, coma todos os nenos da aldea, baixo a promiscuidade do pecado. Cando na minha casa había que ir a buscar viño, aí estaba sempre eu predisposto a enfilar a toda presa ata o fondo do pasillo, que é onde estaba o lagar e os pipos do viño. Xa denantes de encher o xerro daba boa conta do néctar dos deuses, nun trago largo sen folgo propio do libro guinnes. Cando chegaba co viño de volta a cociña decía con certa sorna meu avó " límpa os bigotes, rapaz..." i eu inocentemente, coa manga do xersei limpábame ao mesmo tempo que me relamía.

Este post adícollo a CaPiTuLo 0 en agradecemento por traerme até a minha diáspora tantos arrecendos primarios

Continuará...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Paco Penas -

Estoume a preguntar como se poden escribir como o fas ti e non beber viño. Pois Susiño eu xa case só podo beber viño. A leite e derivados non os podo tocar, a auga do grifo ten cloro e non é potable...xa me contarás. Non vou morrer de sede.
Apertas con sol.

Suso lista -

É unha cousa, que desde a primeira talanguera sendo moi novo, xa non podo probar, e ben que me fode.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres