
ZooM
Cando un cliente me pide un bon viño, teño por costume falarlle de economía. Non me chega con preguntarlle se o quere blanco ou tinto. Cáseque prefería que me dixesen " Paco quero cen euros de viño". pero bueno, teño a sorte de que o 90% dos meus clientes son coñecidos, cousa non doada nunha zoa turística e que me fai máis sinxela a tarefa de aconsellar ou sorprender. Máis difícil é ter que facer un maridaxe sen coñecer o "delincuente" anque para eso están as nosas supostas dotes de sicoloxía, din os decálogos.
En canto ao viño da foto que foi un dos meus últimos descubrimentos non podo máis que quitarme o sombreiro. Os meus viños preferidos son os tintos, pero neste caso atendendo os desexos da minha compañeira que prefería un viño blanco para acompañar unha parrillada de peixe e marisco, acabei máis que satifeito.
Nora da neve é un dos mellores viños blancos galegos, un viño blanco con crianza, deses oleosos que che vai marcando as olas do placer polas paredes da copa ao mesmo tempo que che deleita o paladar, non ten unha acidez pronunciada e garda como un tesouro esencias das froitas doces e maduras. Un viño que polo seu prezo, sobor dos trinta euros, está destiñado a ser partícipe dos momentos máis solemnes. Un viño que acompaña de marabilla arroces e peixes.


Autor: Meris
Alvariño, como ten que ser. Para o meu gusto, a mellor variedade de uva. Terei que buscar unha ocasion especial para probalo...
Fecha: 14/02/2008 19:46.
Autor: Paco Penas
Muller, se esperas ao verán o mesmo a compatimos. Terei que chamar ao amigo Xosé Luis do Pote de piloño para que as enfrie :-)
Fecha: 14/02/2008 20:42.

Autor: Ninsesabe
Pois non o coñezo...Dende fai un tempo estoume aficionando a unha serie de ribeiros que están saindo de moi boa calidade, pero ese albariño non o coñecía. Tomo nota.
Fecha: 14/02/2008 23:52.

Autor: torredebabel
eu, na materia, son definitivamente analfabeta. Pero con canta ledicia, curiosidade (e confeso que envexa) asomome ás conversas dos que saben!!
Fecha: 15/02/2008 18:12.

Autor: paideleo
Non o vas crer pero ese viño mireino nos EEUU.
Probar non o probei pero queda pendente para unha ocasión.
Coñeces a Adega das Laxas de Arbo ?. Ten Bágoas do Miño que é un albariño que recibiu premios e que me encanta. Tamén podo dicir que muitas uvas do meu sogro e veciños van a esa adega e que falo un pouco egoísticamente.
Fecha: 15/02/2008 22:32.
Autor: Beatriz
grazas pola información. cando queira sorprender na casa xa sei que pór.
¿conséguese fácil en tenerife?
polo prezo debe ser cousa de estar en vinotecas, ¿non?
unha aperta, paco, que por certo, xa ves como ando, co blog dende hai unha chea de tempo medio empantanado, escribindo pouco, mal e arrasto, como diría a miña nai...
pero bueno, de cando en vez, aínda penduro algo por aí.
Fecha: 16/02/2008 03:22.
Autor: Paco Penas
Ninsesabe, eu tamén tomo nota de que che gustan os ribeiros para vindeiras citas.
Torredebabel, o seu problema pode estar na hora de elexir un viño, pois a opinión dos neófitos moitas veces é tan importante como as dos entendidos.
Paideleo, si o coñezo, aquí no sur de Tenerife pódese atopar en varios restaurantes. A próxima ocasión que teña de bebelo mergullareime antre as bagoas e contareille :-)
Beatriz, Si, coido que o poderas atopar nalgunha vinoteca. Nos restaurantes coido que en poucos, aquí no Sur, no povo mariñeiro dos Cristianos hai un que o ten, chámase "el rincón del arroz" e sirven uns arroces de escandalo, jeje
Raposo, Mira ti da importancia do viño que ata os curas o disfrazan de sanjre de Kristo para poñerse morados e aproveitar ao mesmo tempo para poñer nejros aos que non comulgan con rodas de muiños :-)
Fecha: 17/02/2008 12:00.