Blogia
DoRViSou

YaMiL OMaR...ARTista

 


 

 

 

ZooM


Nese empeño de sentir a xente de cerca andamos. Camiños feitos ao andar, quenllas da vida, ríos do amor...

 

 

 

Recordando as palabras dun amigo que me decía, "que se aprende máis da vida, compartindo unha semana coa xente dun povoado indíxena que en tres anos metido no formigueiro de Manhattan" doume conta de que tamén, no entorno, se aprende máis falando unha tarde con alguén que discutindo con outros cen anos.

 

E digo esto, porque esta pasada semana tiven o pracer de compartir un tempo real con unha persoa moi especial. Yamil Omar, un artista cunha trastenda de moitas luces e cores. Un humanista con pedigrí que através das ideas e da palabra tamén é capaz de construir un espazo donde é imposible non amar o ser humano sobretodas as cousas. Un home que fala moi lenemente sen graves sons, que sempre anda na procura da beleza das palabras para construir un xardín de emocións.

Yamil é un home canario con raices palestinas, un poeta pintor, humanista escultor... Nos seus ollos aínda podes percibir o brilo das súas tardes de gloria, o run_run dos aplausos e nos seus silenzos... a triste soedade do actor cando se van apagando as luces do esceario.

Colómbia, Cuba, Puerto Rico, Sierra Leona, España, Austria, Holanda, París, Londres, Egipto, Arabía Saudí...

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

Paco Penas -

Chouisa da Alcandra, no enlace de youtube podes ver algo máis do personaxe. Son desa caste de xente imprescendible. Yamil é un icono cultural do concello de Arona, leva uns anos esperando a xubilarse para retomar a carreira de artista. O seu compromiso laboral non lle permite adicarlle máis tempo as artes. Tamén suliñar que traballa arreo, polo cargo que ten, en prol da cultura.
Saúde e terra.

Caladinha, alégrome que voltes. Eu sempre botei de menos a túa poesía mollada.
Longa vida aos retallos da realidade.

caladinha -

Eu tampouco coñezo ao artita e coincido totalmente co comentario anterior. Grazas por compartires estes anaquiños de beleza.

Xa sei que ultimamente ando máis calada que de costume, pero sigo pasando cada semana por aquí.

Despois dunha fin de semana nunhas xornadas de ensino de inglés nas que escoitei de todo e vin que estaba moi enganada cando pensaba que hai visións e posicionamentos amplamente compartidos en determinados ámbitos e sobre determinadas cuestións... 
 
... decidín abrir un blog...,
 
este é o texto de presentación:
 
"Retallos da realidade, instantáneas que me levan a cuestionar a pretendida racionalidade do ser humano..., fronte a isto, tamén o meu punto de vista é subxectivo, necesariamente marcado por determinantes culturais, políticos, experiencais... Tal vez busco aquí o punto de contraste, o detemento e a análise que non puido ser no momento en que captei cada retallo..."
 
Non sei que vai dar de si nin se sobrevivirá...
 
En calquera caso, quedas convidado a esta proposta de disección de retallos da realidade:
 
http://retallos.blogspot.com/

Chousa da Alcandra -

Non teño o pracer de coñecer ao artista do que nos falas, nin tampouco a sua obra; pero sí disfrutar coa magnífica foto que nos ofreces. Transmite humanidade, sabiduría, intelixencia...
Esa porta medio aberta, a tonalidade gris...gustoume ben.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres