Minha queridísima Peke, agora vas ter que presentala en sociedade no ateneo e xa sabes, cartela de vacinación ao día, ensinarlle a comportarse (non sei se che servirá de algo a túa experiencia na materie)... e máis dunha vez terás que tomar unha dose de trankimazim para non volverte loca cando che faga pipi polas pernas ou che roia o coiro do escritorio :-)
Tamén has de ter en conta que unha boa educación sexual pode servirlle de moito no futuro. Unha cadela con pedigrí nunca ha de xuntarse con cans de palleiro.
Moitas grazas pola montaxe. Dille a Iria que dá moito traballo, que é un ser vivo que hai que coidar e que me paso o día coa fregona na man, pero vai aprendendo pouco a pouco e dorme moito. Bicos.
Caladinha, Triste vida a do palleiran. Un suburbio piolloso onde se non ladras non comes. Xa llo dixen un cento de veces, minha Peke. Disfruta da súa compaña e cóntanos sempre das vosas reflexións. Bicos, moitos bicos as dúas.