
ZooM
Si, parecen unhas fermosas fotos. Aínda me atrevería a dicir que son unhas fotos impactantes. Si, impactantes como a dun coitelo tinxido de sangue bermella aínda quente,despois dun asesinato.
Unha verdadeira puñalada trapeira ao corazón da terra.
¿Ata cando tan grande sangría...?

ZooM
Autor: caladinha
Supoño que xa o coñeces: http://www.youtube.com/watch?v=y_jDdeWRq2g
Fecha: 27/07/2008 18:41.

Autor: paideleo
Desde que lin " A vila sulagada " senpre matino na vida da xente que deixou as súas casas no fundo dun encoro.
Fecha: 27/07/2008 23:22.
Autor: Paco Penas
Onde vai ser? no cabo da minha horta :-(
O que nun principio era uns minis encoros chegaron agora a empatar entre eles para convertir dez kms do río Ulla nunha inmensa desfeita.
Estes "palafitos" eran as casas de Valle na vella Ponte San Xusto, xunto do embalse de Portodemouros.
Fecha: 29/07/2008 00:48.