
FELICIDADES PADRE! sé que hoy no es un día distinto a otro, pero aprovecho la ocasión para expresarte lo mucho que te quiero. Gracias por ser como eres, por habernos sacado adelante con mucho esfuerzo, por inculcarnos valores y por ayudarnos a mejorar como personas. Por eso te doy las gracias, por estar siempre a nuestro lado...TE QUIERO!
"...De mayor querría ser como tú, para tener...un hijo que tenga un padre como tú..." 
Autor: Paco Penas
Non entendo nada, esconchóuseme o traductor, jajaja.
Grazas Uxio, e perdoa que cambiase a foto pero esta posiblemente se axuste máis o meu perfíl. Un home duro, de tralla no verbo, látigo en man, jeje. As veces que me disfracei só foi para enmascarar a minha propia impotencia e iñoranza...
A túa crianza foi para min unha aprendizaxe, unha búsqueda do propio Aristóteles que todos levamos dentro para entender mellor o mundo que nos sostén. Tamén quero recoñecer a sorte que tivemos todos con túa nai, unha muller galega co espíritu da loba capitalina que nos amamantou aos tres :-)
E tes razón, hoxe é un día máis. ¡Ai meu neno!
... ¿aínda che quedan cartos para tomar un café?
Fecha: 19/03/2009 13:02.

Autor: Carlos Sousa
Que gozada ten que ser que che dediquen esas verbas. Señal de que o traballo estivo ben feito.
Sempre nos gusta que un pai te aprecie e te alabe, pero ten que gustar moito máis cando cho dí un fillo, que xa non é un cativo.
Noraboa.
Fecha: 20/03/2009 18:04.
Autor: Paco Penas
Amigo Carlos, terei que preguntarlle a sua nai se lle costou moito parilo... crialo, non foi ningún calvario.
Saúde e terra.
Fecha: 21/03/2009 22:19.

Autor: Chousa da Alcandra
Déixate de landainas!!. Sobre os fillos so hai duas verdades:
1) O pior é facelos; despois dan gusto...
2) De pequeniños dan ganas de comelos; e cando son grandes decátaste do erro que cometeches por non telo feito!!
Fecha: 21/03/2009 23:25.
Autor: Paco Penas
¿Cantos fillos tes , Chousa?
Tes razón, facelos é laborioso de carallo, pero máis fodido era buscar con quen, jaja
Fecha: 24/03/2009 21:11.