Blogia
DoRViSou

Ecce Home

PÁNICO

<center><strong>PÁNICO</strong></center>
FOTO


Traguei dinamita porque quero voar a ponte da anguria
que vae de hoxe ata manhan. As ideas son coma palavras sen senso,
cadullos cangrosos no cerebro, que ao pensar,
invaden de berros secos a chaira lamegosa
na que se están a convertir os meus días.

Autorretrato

Autorretrato Horas profundas, lentas e caladas, feitas de bicos ardentes.
Bocas quentes, moi quentes.
Chove.
I eu máis ti a foder sen pudor, no cabo da horta,
mentras as galiñas poñen ovos.
Chove.
O barullo da choiva é melodia para os nosos corpos mollados,
entregados, empapados, abrazados...
Xa non chove.
Xa escampou, xa as galiñas non poñen ovos,
xa non che quero...meu ben. ATA OUTRA
Paco Penas de DORVISOU

Ecce home

Ecce home Unha barca achégase o peirao con dous pescadores,
mentras o mar baila unha balada
¿Traerán algo de peixe? ou ¿ o cadaver dalgun negro?...
Ao fondo, coma un estampado,
a montaña roxa é un inalcanzabel horizonte
sempre rompendo e xuntando,
tan preto, tan lonxe.....