Blogia
DoRViSou

VEXO CHOVER...

<center>VEXO CHOVER...</center>
Vexo chover a través dos vidros...
é de noite... e a luz do farol
reflicte no asfalto.

Un home enchoupado corre
costa abaixo na procura
de acubillo.

Vexo chover a través dos vidros...
escoito o son intermitente das pingueiras
sobre o frio pavimento.

O ruído dos motores cambia de rexistro...
motores diesel con turbos flamantes.

Vexo chover a través dos vidros...
e escribo estos versos mollados.
(Poema da minha amiga Machi Moreira)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

dorvisou -

Intentei poñerme en contacto contigo por e-mail e non foi posivel. Espero que o fagas ti a esta dirección: dorvisou@hotmail.com

machi -

hola! son Machi, a autora do poema de vexo chover... e gustaríame saber quen está detras desta páxina, porque para min e todo un misterio...

dorvisou -

Tes razón. Ando un pouco morriñento, pásame sempre nas víperas das vacacións.Xa teño ganas de enborcallarme nun mar de alcacén e ulir a bosta das vacas..jeje

Títalo -

É curioso, case podo ulir esta fotografía. Coma a anterior, eses días en Galicia cheiran a campo frío e a caldo quente.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres