AGROPOP-ART

barreiros_2.JPG
Estou preocupado porque hoxe pola mañan ao espertar, a primeira imaxen que me veu a mente foi a dun vello tractor barreiros que tiña o meu sogro na aldea.
Antre recentes posts do blogomillo e que mañan durmo en Compostela, estou que non estou.

¡BBRRRUNBRRONN…!Pisalo o embrague e o acelerador a fundo dúas veces como os máis avezados.
Non sei, como querendo estrenalos oidos ou mesmo perderlle medo o ruido.
Cando estaba só na casa maniobraba pola eira. Adiante, atras...sempre pola mesma rodeira
pero o que de verdade molaba era collelo polas longas pistas da parcelaria, eses atallos dos inxenieiros.
primeira , segunda, terceira....soltalo embrague, darlle jas a tope e facelo brincar de diante coma unha becerra, ata que botaba fume nejro con muxicas de lume pola chaminea.
29/05/2004 13:29

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: paleón

...esto recórdame ao relatiño John Deere de Jaureguizar... viva o Agropop-Art !!

Fecha: 30/05/2004 15:57.


gravatar.com
Autor: peke

Confésolle, Dorvisou, que o meu soño secreto é subir a un cacharro deses e contemplar o mundo desde o seu cume. ¡Ai!

Fecha: 30/05/2004 16:08.



Autor: dorvisou

Paleón: Só quixen aportar o meu grauciño de area a unha causa tan xusta como me parece o movemento agropop-art.
¡ viva o agropo-art!

Fecha: 30/05/2004 20:17.



Autor: dorvisou

Non sei quen decía que os que tamén soñan de día son conscientes de moitas máis cousas que os que só soñan pola noite.
Non deixe de soñar, o seu mundo será ainda máis grande.

Fecha: 30/05/2004 20:22.



Autor: descalza

¡¡longa vida!!

Fecha: 31/05/2004 12:01.


gravatar.com
Autor: Depósito

Agropop-art: a evolución do bravú na arte plástica.

Fecha: 02/06/2004 11:59.


gravatar.com
Autor: peke

Como se nota que estamos de vacacións... ¡A ver cando volve! :)

Fecha: 06/06/2004 17:53.


gravatar.com
Autor: Jaio la espía

Paco, no sé si olvidaré algún día que usted no quiso hablar conmigo. :P

Fecha: 13/06/2004 21:50.


gravatar.com
Autor: Brocco

A mi se que me está a entrar morriña, lendo os teus posts...

Fecha: 14/06/2004 21:25.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]