Blogia
DoRViSou

oLLaReS Do TeMPo

<center>oLLaReS Do TeMPo</center>
Obra de arte: Iria


O liño despois de sacalo do corgo estendíano tres ou catro días para secalo ben e levalo a un mazadeiro que había na casa de Valle, na ponte de San Xusto.
De volta na casa estirábano coas mans e facían unha manda para espadelalo,
quitándolle o tasco co restrelo para separar a estopa do liño.
Coa roca e o fuso, mollando as puntas dos dedos na auga, fiábase.
E nunha sarilla facíase a maraña e cocíase con borralla.
Nun sarillo desfacíase a maraña e enterrábase nun recuncho da corte.
Chegaban os novelos ó tear e escomenzaba a orquestra a tocar.
A lanzadeira a facer surf antre as canavelas.
O queixal ¡plas, plas! apreixando o fío a máis non dar.
¡fiúúúúú...lanzadeira vai, lanzadeira ven!
E logo, pisábase cos pes a espremeira para levantaba o vestido do tear,
adiantando o organo to begin again.

Máis ou menos, sen múseca, contoumo por teléfono esta tarde minha nae.

7 comentarios

peke -

¡¡¿¿Uxío??!! ¡Por favor! ¡Non o podo crer! :)

dorvisou -

contestara a cada un por separado e cando fun a enviar desaparecera o texto. De ahí que agora comentara a todos como unha empanada.
Un bico a todos.

dorvisou -

Salvando as distancias non me importaría que a minha filla traballase nun tear o día de mañan. Maxínome ese tear informatizado e climatizado...jeje
Cando lle estaba preguntando estas cousas do tear a minha nai, deime conta como se emocionaba o contarme, mesmo me houbera gustado estar ali para falar con ela toda a tarde.
Soar soa ben pero non sei si se axustará a realidade. Eu quedeime coas palabras e fun despois configurando o texto.
Iria e Uxio son os nomes dos meus fillos. Os dous teñen unha consonante e tres vocais mais foi todo froito da casualidade.

muralla -

Estou dacordo con Xisbe, sembla un poema con música e todo.
Moi bonito o que fixo Iria (¡qué nome tan fermoso!) e se quere facer o que facia a sua aboa, por placer, que o faga, pero non por obligación, que así si que e duro.
Bicos.Muralla

Xisbe -

Será historia pero parece máis un poema, e soa ben. A min non me parecería tan mal que a tua filla fixese o que tua mai, salvando certas cousas.

pepe penas -

Na túa casa houbo un tear. O liño era unha das cousas que se collía en Santome da Insúa no ano de 1754. Un día teño que comezar a poñer cousas daqueles tempos.

peke -

Qué diferente, ¿non?, o que conta túa nai e o que fai a túa filla. Pero a vida é así, por sorte. Sería terrible que a túa nena tivese que seguir facendo o que facía túa nai.