Blogia
DoRViSou

ViVa a Nai Que Me PaReu

<center>ViVa a Nai Que Me PaReu</center>
Teas do tear: Gloria Penas


Esta colcha é un agasallo da minha nai.
Está feita de trapos no tear e non deixa de ser unha mostra da sensibilidade desta muller,
filla de caseiros, emigrante nos seus tempos mozos e "labrega"
da Galiza profunda no resto dos seus días.
Licenciada en letras pola facultade da vida i en matemáticas pola falcultade da necesidade.
Como non facía as milagres, cavou ó monte, sementou trigo e fixo un boliño de pan para que non lle morreran os fillos de fame.
¡Moito che quero mamá!

9 comentarios

muralla -

Todo aclarado.
E pra o de fillo honorífico xa me diras onde teño que signar.
Bicos.Muralla

dorvisou -

Vamos a ver muralliña, Paco Penas e Pepe penas naceron na mesma aldea, foron a mesma escola e percorreron mesmos carreiros e corredoiras anque non chegaron a ter cadrado, fisicamente xuntos, en ningún lugar. Foi este invento maravilloso da internet quen quixo que os dous chegaran a facer da comunicación unha ponte para superar os atrancos do espazo e do tempo.
Os dous somos xa merecedores de ser nomeados fillos pródigos de Dorvisou por levar o seu nome máis alá dos confíns do planeta. Ou non Pepiño?

Peke,Unha vez que lle preguntaron a minha nai que cantos fillos tiña, dixo : teño tres, mais se houvera sido nena un deles, ese sería Paquito.
Agora ben, despois do que dixo a minha filla e do que vos conto que dixo minha nai, gustaríame que non poñades en dúbida a minha definida sexualidade, por favor. O que dixo minha nai foi un dos piropos máis fermosos que escoitei na vida.

Xisbe, tes moita razón.
¡cantas cousas bonitas!
¿serán todas verdade?

dorvisou -

¡¡¡noooooooooooooooooonnnnnn
outra vez noooooooooonnnnnnnn!!!!!
¡ maldita sexa!!!!!! ggggrrrr!

non enviou o comentario, pois agora teño que largar a traballar.
Vémonos pola noite.
Aburiño.

xisbe -

Estache caendo a baba e como te descuides vaste deshidratar.

muralla -

Hoy comemos toda a familia xunta, porque era o santo de miña nai e de miña hirmá Pilar
Falando de vosoutros con Mad e Iris entereime de que sois hermaus tú e ppnas.¡Canto me alegro!¡Xa me parecia a min que tíñades algo mais en común que a aldea!
Muaaakk.Os dous e a tua nai que soupo parir tan ben.
Muralla

peke -

O que tes ti é unha tenrura que non podes con ela. Non sabes cánto se agradece. Bicos.

muralla -

¡Que fermosura de colcha e que fermosura de nai!
Qué orgullosa ten que estar de tí...
A tua nai e como a nai da terra, desa terra nosa que non seria nada sin seres coma ela.
Eu tamen tiven uns pais ( a nai ainda vive, ten 90 anos) así.
Muitos besos " non gay" (¡vaya filla mais espabilada que tes!)
Muralla

dorvisou -

Mais non tanto tempo como está a minha cativa no meu.
Fai un pouco estábamos no sofa vendo a caixa tonta e de súpeto preguntoume
Papá, ti es gay?
- Eu non ho!
ah! es que a mi me gustan las chicas pero solo para ser amigas.

Non vexas ti, que cara de bobo me quedou...jeje

pppnas -

Como non lle vas a querer Pacope..se cando eras neno estabas no colo DA GLORIA.