Blogia
DoRViSou

Ollares Do Tempo

NeN Pais SeN FiLLoS NeN FiLLoS SeN PaiS

Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.

(Fuxan os ventos)

iNSuLaRiDaDe...
E non lle des máis voltas

IMG_5022

 

ZooM

Na vida hai dúas cousas que son máis verdade que outras. Unha que en Canarias sempre é unha hora menos e a outra que para un español é máis barato enviar un paquete postal á Polónia ou Rumanía que á Canarias. Non, non estou de coña...

Moitas empresas non queren enviar os seus productos a Canarias polo feito de ter que pagar o imposto de aduanas . Fai uns meses holfmann envioume unha nota decíndome que sentían moito non poder seguir mantendo o seu servizo de álbunes dixitais porque os gastos de envío superaban en moitos casos o valor da mercancía. Hai un mes tiven que negarme a recoller un agasallo de unha empresa coa que colaboro porque me parecía un atropelo ter que pagar os quince euros que me reclamaba correos e fai unhas semanas volvín a sofrer nas carnes un nova coitelada ao ter que enviar a nova cámara fotográfica , recén comprada, á Canon Madrid cos seus correspondentes gastos ao meu cargo... e para rematar, isto xa non ten perdón de Deus, tiven que suplicarlle a minha nai que deixase de enviarme máis chourizos do Deza e queixos de Bama porque me arruinaba.

Xa estou pensando que cando morra será mellor que me enterren en Canarias porque, tamén neste caso, os portes superarían en moito o valor do fiambre.

 


aRCo Da CaRiXa

IMG_3356

Merza , terra de fidalgos, de casas solariegas,
Solar da nobreza, dos máis belos casais...
terras de augas termais, de ríos e pontes medievais...

Mais, esta ponte da foto non é o que parece. Non é un vestixio da historia de Merza . Coñecido como o arco da Carixa foi cimentado por un particular no ano 1928, despois de que unha riada asolara ca vella ponte.
A verdade é non estaría demais recuperala estética do medieval ou do romano e adaptala os tempos modernos.
¿A quen non lle gustaría ver pasalo ave polo acueducto de Segovia?


Deza

o FeiTiZo Da NoiTe

O lobo

DeaD oF NiGHT_ PHoToFRiDaY _ NoiTe DoS MoRToS

Foi nunha noite feiticeira, despois do churrasco , do viño, do licor de café... cando o amigo decidiu levarnos ao museiño da Solaina_filla para destapalo xarro das esencias. E como se de unha caixa musical se tratase, ao abrilo baúl dos recordos , unas notas musicais que emerxían do fondo daquela tulla, atraparon a noso espíritu para escoitar unhas historias que mesmo semellaban estar sacadas dalgúns relatos de Charles Dickens ou ambentadas nas vidas exemplares de Uxía Casal.

Cousas sen máis nexo que a poeira do tempo, cousas sen máis liñas que as da vida consumada, como aquel frasquiño das horas de cartón escritas e reducidas a borralla como quen quere desandar o camiño de volta, a damajuana espida onde repousaban as cinzas dun amigo ou a calaveira dun lobo atopada por algún recoveco do monte de Alcobre.

Aínda non sei dos desvelos dos meu amigos que se quedaron a durmir na Solaina aquela noite. Eu, despois de baixar o coche da garda de tráfico cara a Santiago, collin o coche e funme dereitiño para a minha casa, sempre a cabalo da liña contínua.

 

CuaRTo oSCuRo

faro

Foi alí, na Torre de Hércules, nunha marabillosa mañá da sempre alegre primaveira. Pero desta vez non foi con ela, tirado na herba e mirándolle aos ollos como saltou a chispa do amor. Foi na azotea da Torre cunhas acuarelas...

Gustábame a pintura, mesmo me apuntara nun taller na calle da Torre que era onde vivía. Aquela mañá subira á torre para pintar non sei que. Ao fondo, Santa Cristina, Bastiagueiro, o faro de Mera. Máis preto a cárcere, Monte Alto, Riazor, San Pedro de Visma... aquelo era tan inmenso como imposible de pintar para min e preferin deixalo como estaba. Nacendo desta frustación e impotencia o meu interés pola fotografía. Xa vivía cun dos grandes artistas nunha casa que parecía un grande cuarto oscuro, Santiago Mato e Cesar Dopico, así que, non era difícil contaxiarme do entusiasmo desta xente, nesta outra aventura. A fotografía axudoume a descubrir un marabilloso mundo arredor e dentro de min mesmo, a mirar, a soñar... Agora mesmo, a minha vida sen a fotografía sería como un libro sen letras.

 

 

 

 

DoRViSou... capítulo IV do meme VIII

Dorvisou
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambialo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.



Unha das primeiras palabras que tecleei nun buscador, recordo que foi DORVISOU.
E o resultado da busqueda foi bastante simple e esclarecedor "Su búsqueda - DORVISOU - no produjo ningún documento".
Dorvisou, virtualmente non existía... e foi, nese preciso momento cando decidin que había algo que facer para atallar esa inmensa laguna e espallar a palabra DORVISOU pola rede. Cheguei entón ao blog Días estranhos do amigo Pawley e foi dende a súa cova como enlacei a outros blogs , unha cuestion personal , sin que sirva de precedente , ventanas , paleon... daquelas, era doado lelos todos nunha noite, eramos poucos non como hoxe que xa somos unha aldea moi grande. Bueno, pois así foi como naceu este blog co nome de ARROUTADAS, Un nome co que non engañaba a ninguén.
Hoxe, cinco anos despois,  tecleas Dorvisou e atopamos o siguente "Resultados 1 - 10 de aproximadamente 31.500 de dorvisou. (0,08 segundos) ". Claro, que tamén teño que agradecer a grande colaboración do amigo e paisano Pepe Penas en Costa dos arrieiros e outros blogs como "o gremio de Dorvisou ", "fortuna vicio e demais familia " Sen esquencer a man de Sechú Sende , conspirador e culpable destes dous últimos blogs, froito dunhas actividades escolares. Magoa que non os seguiran actualizando. Agora ben , tendo en conta que en DORVISOU non se pode conectar un a internet por mor deses teléfonos terceimundistas da epoca do Sr. Fraga,  Dorvisou, posiblemente sexa a aldea máis cibernética da Galiza.
E para rematar o meme hoxe,  un aturuxo para todas as aldeas do mundo. 
 

aRTeS e oFiCioS

Lorena
Ás veces gustaríame colgar fotos dos meus fillos, da minha compañeira, dos meus amigos... Fotos que me gustan pero négome a facelo para non violalos seus dereitos á privacidade e intimidade.
Máis hoxe, sen pedir permiso a interesada, colgo esta foto. A importancia do documento coido que é de interés xeral, polo que espero que non se enfade nen chame ao seu abogado:-)
Por certo a ver como anda de agudeza visual a minha xente e sabe dicirme de que "oficio" se trata?

ReMeSQuiDe II

IMG_2260
Faltaba este treito da ponte para completar o post :-)
A vella ponte de táboas xa só é un vestixio do pasado.

a PoNTe De ReMeSQuiDe

IMG_2262

Alguén debería pidirlle a Xunta que restaurase a vella ponte de Remesquide para pasealos recordos daqueles Domingos pola tarde.
Nada que ver coas obras dos enxeñeiros do ave, o seu mentor foi o Canteiro de Santomé. Ese home que chamaba polo seu nome a todos menos a Fraga, que lle dicía Don Manuel.

iN SiTu...

 
Este recuncho da illa ten algo especial para min. É un deses lugares con certo influxo onde
calquera pode chegar a sentirse protagonista da súa propia historia.
Sentarse naquela terraza pola tardiña, pidir unha xerra de cervexa e deixarse levar polas emocións non é máis que empezar.
É unha lástima que as cervexas custen 3.80 €... a felicidade completa parece que nunca é de balde.
 
 
o miradoiro

TeMPoS Há...

eu_1
Ás veces non entendo onde foi parar a paixón daquel rapaz que un día, non fai moito, devecía por facer realidade tantos e tantos soños.
Acabo de recibir esta foto minha e non podedes imaxinarvos o cobertor da minha pel....
¡Uff...mi madriña,! ¡maldito o día no que eu tamén troquei facer todo por non facer nada!

SeNTiR é ViViR...

A Palma 217-1
Se fose candidato a alcaldía nestas eleccións contaríalle ao meu povo un conto...que había unha vez un povo con grandes alamedas con rosas, camelias e moitas fontes onde a xente paseaba e os rapaces brincaban pola tarde...un povo con prazas e árvores onde a xente se sentaba e parolaba das suas cousas, sen presas, con acougo...
Que había unha vez, fai moito tempo, un povo onde ser feliz non era un conto...

WHaT´S THiS...?

what´s this?
A ver, a ver...como andamos de coñecementos do medio ¿que cousa é esto?

DoRViSouLaNDia

¿Onde están os nenos?

 

 

A tristeza dos parques infantiles das nosas aldeas asemellase a dun río sen auga.

 

 

oS RoQueS De GaRCia

DSC02636
Nestes días o Teide amósanos o seu vestido de gala, Blanco pureza para os ollos dos guiris, godos e outras herbas. Mañan espero subir e despois, nunca mellor dito, xa veremos...
Por certo cando vexo os roques de Garcia non podo deixar de sentir nostalxia dos billetes de mil....

iNTRaMuRoS ...

mulleres galegas_9-1

Cando me quedo a durmir na casa do meu amigo "Barrigote" en Compostela, sempre me desperto coas ansias de ir a ventá que da cara o interior do convento de clausura de Belvís, para sumirme nunha catarse limpadora vendo as monxas sachala horta .
Cóntame o meu amigo que noutros tempos as monxas procedian das familias da clase media pero que agora había poucas, que adicaban o seu tempo a oración, a facer melindres... que cosían, non sei se para Zara ou quen e tamén facian as óstias para a grande maioría das igrexas compostelanas. Pero que este último negocio íalle a pique por culpa da política de Zapatero que redimía el só case tódolos pecados. ...
Tamén me dixo que só se vían por fora dúas ou tres, pero que sempre traballaba a mesma.
Non me fixo falta cavilar moito para darme conta que a sua caterva está gobernado polo mesmo patrón que a nosa,
en canto a que traballa unha e mandan catro.
De tódolos xeitos, nesa horta nótase que falta un home para cortala herba :-)

ViViR PaRa PeNSaR...

ir
Papa, se fago os deberes...que me das?
E quedei calado, non caéra eu nesta  posibilidade... e coido que o Padre Sarmiento , tampouco ...


a iSLa BoNiTa

A Palma 203

Tíñamos a cruz e só faltaba a Palma...

No PoVo DoS aDiaNTaDoS

San Cristóbal de La Laguna ou Aguere é un povo cheo de contrastes, as súas rúas estreitas e longas,
a súa arquitectura de corte colonial ou señorial, os seus bares cheos de estudiantes,
as súas librarias cheas de libros, as súas boticas cheas de boticas e as súas casas de putas cheas de...
Un Día na cidade dos adiantados , fotograficamente falando, dá para moito.
¡Ah por certo, xa podedes picar na foto para vela máis grande. Xa ía sendo hora, digo eu...!

 

a CoRuÑa...by Dorvisou

<center>a CoRuÑa...by Dorvisou</center>
Se non fósemos capaces de descubrir novos paraisos
non poderíamos voltar aos lugares onde un día fomos felices...
morreríamos dun ataque de saudade.