iNTRaMuRoS ...
Cando me quedo a durmir na casa do meu amigo "Barrigote" en Compostela, sempre me desperto coas ansias de ir a ventá que da cara o interior do convento de clausura de Belvís, para sumirme nunha catarse limpadora vendo as monxas sachala horta .
Cóntame o meu amigo que noutros tempos as monxas procedian das familias da clase media pero que agora había poucas, que adicaban o seu tempo a oración, a facer melindres... que cosían, non sei se para Zara ou quen e tamén facian as óstias para a grande maioría das igrexas compostelanas. Pero que este último negocio íalle a pique por culpa da política de Zapatero que redimía el só case tódolos pecados. ...
Tamén me dixo que só se vían por fora dúas ou tres, pero que sempre traballaba a mesma.
Non me fixo falta cavilar moito para darme conta que a sua caterva está gobernado polo mesmo patrón que a nosa,
en canto a que traballa unha e mandan catro.
De tódolos xeitos, nesa horta nótase que falta un home para cortala herba :-)
5 comentarios
Paco Penas -
¡Como se nota que ya no hay turistas por Menorca! :-)
Un abrazo Sergio.
Pedriño esta é unha estampa da Aldea Sagrada, como lle chama Peke. Dentro deses muros hai moitas historias interesantes que descoñecemos...ou, ao millor non, ¿quen sabe?
Saúde e moitos nenos.
Paco Penas -
paideleo -
Sergio -
Saludos amigo!
pepe penas -