PiNTo e MaRaGoTa...
Intentando poñer un pouco de orden nos caixóns das minhas fotos, van aparecendo algunhas que xa un tiña esquencido ou mesmo descubrindo outras, fotos que naquel día pasaron desapercibidas e hoxe as ves con outros ollos. O que si é verdade é que, co paso do tempo, a fotografía sempre axuda a abrir o baúl dos recordos para rematar empapandote de melancolía e outras sensacións.
Esta foto de hoxe recórdame aquela caldeirada de Pinto e Maragota que comín na casa do Rillote nunha aldea que se chama Leloio. Baixáramos a comprar o peixe a lonxa de Malpica e unha señora que vendía percebes , intuindo xa que era eu das terras do Deza, metiume gato por lebre....Pero bueno a caldeirada estivo insuperable e aínda hoxe, mirando esta foto pareceme que ule e alimenta.
6 comentarios
sardiñeiro -
Paco Penas -
Un bico a todos.
Gloria -
Estas muy callado ultimamente, espero que todo vaya bien.
Besiños catalanes.
rifenha -
Alomenos, em Camarinhas é assim.
O peixe préto que se pode comer, é o de algúm que vai com sua gamela, e depois a mulher vende na praça.
Ninsesabe -
En canto á foto, é unha pena que agora o das subastas esté todo tan dixitalizado...Antes era mellor, dijo eu.
pepe penas -