Fai uns anos a nosa señora de Fenosa andaba a reclamar unha concesión do ano 1962 na que parece ser, se lle otorgaban tódolos dereitos a facer da cunca do rio Ulla, aquelo que lle viñera en gana. Agora leo que van perpetrar, nunca mellor dito, unha morea de encoros no meu férti e fermoso val. Leo tamén que uns cuantos alcaldes están a favor deste estroupicio, un deles é Xesús Otero, alcalde Vila de Cruces, que como todos os alcaldes do PP están a inteira disposición dos intereses criados. Non lles vale a experiencia do encoro de Portodemouros, da loita que manteñen dende fai catro anos os veciños das parroquias de Loño, Begonde e Santiso con Fenosa e a empresa encargada de dar servizo de barcaza dun cabo do pantano o outro lado. Moitos veciños teñen que recorrer unha distancia de 25 kms cos seus tractores con remolque para ir traballar as leiras que lle quedan do outro lado por negarse a empresa concesionaria da barcaza a subir a ela cousa que exceda as cinco toneladas, cando a asociación de veciños implicados aporta documentos onde a empresa que se faga cargo do transporte terá que dar cabida a 15 toneladas de peso, ter capacidade para xirar un carro de vacas e asentos para doce persoas. O gracioso de todo esto é a tomadura de pelo de Fenosa cando lles conta que a medida da tonelaxe é a medida de MOORSON, que é menos que a métrica, mais os veciños din que esta é unha medida de volumen e non de peso. Bueno, pois en fin, que teremos que seguir aturando estas néboas, que tan bonitas parecen nas fotografías e tan perxudiciales na realidade para a agricultura da zona e tamén para a visibilidade do maior aeroporto dunha Galiza sometida i entregada a interese alleos.
O que ten o galego é complexo de subvención enquistado e autoodio.
dorvisou -
Dorfun, decía o meu amigo Vari Carames que o galego tiña o complexo de inferioridade enquistado. ¡canta razón tiña!
muralla, o que é meu é teu tamén.
Pepiño, as aldeas do arredor de Portodemouros non tiñan nen kilowatios para acender xuntas as tres bombillas da casa. Ainda lembro como cando o veciño acendía a muxidora, achicábase a luz e parecía un berme. Non falo do século dazoito.
Peke, a ese amigo devorao a paixón. A sua páxina é un referente para os enamorados da nosa terra e para os pescadores de troitas.

Non hai xeito de que escarmenten. O meu amigo, ese da páxina dos ríos galegos que tes frecuentado, é un inimigo acérrimo dos encoros, denuncia os males que provocan sempre que pode. Pero é difícil loitar contra xente tan poderosa e curta de luces.
pepe penas -
a FENOSA sempre houbo que botarlle de comer noutro maseiro..alguén dixo unha vez.. non en a FE NOSA non..somentes e a FE DELES..
muralla -
Co teu permiso gardo as duas fotos que son preciosísimas... Non sabía nada do que falas. Cando vamos e vimos de Portosín sempre collemos a carretera de Santiago a Ourense cruzando por Lalín, e toda esa terra tenme enamorada... Unha aperta e bicos.Muralla
dorfun -
...galiza sempre foi unha especie de transilvania... ou polo menos sempre tivo un alto complexo de vampirismo...
7 comentarios
xisbe -
dorvisou -
muralla, o que é meu é teu tamén.
Pepiño, as aldeas do arredor de Portodemouros non tiñan nen kilowatios para acender xuntas as tres bombillas da casa. Ainda lembro como cando o veciño acendía a muxidora, achicábase a luz e parecía un berme. Non falo do século dazoito.
Peke, a ese amigo devorao a paixón. A sua páxina é un referente para os enamorados da nosa terra e para os pescadores de troitas.
dorvisou -
¡canta razón tiña!

peke -
Pero é difícil loitar contra xente tan poderosa e curta de luces.
pepe penas -
muralla -
Non sabía nada do que falas.
Cando vamos e vimos de Portosín sempre collemos a carretera de Santiago a Ourense cruzando por Lalín, e toda esa terra tenme enamorada...
Unha aperta e bicos.Muralla
dorfun -