Blogia
DoRViSou

O fiLóSoFo Do aRaDo CoNTRaTaCa

<center>O fiLóSoFo Do aRaDo CoNTRaTaCa</center>
Deseguro que hoxe haberá centos de bitácoras razoando, con máis ou menos acerto, das eleccións americanas. Eu só quero facer unha pequena reflexión a xeito de arroutada porque para ós que, coma min, interpretamos o mundo dende acima da aldea non é doado entender algunha cousa dunha sociedade tan moderna ás veces e tan pureta noutras.
Parece ser que abonda con ter máis de mil millóns para poder chegar a Casablanca ou polo menos ese é o perfíl dos dous jichiños americanos. Nesta vida, o coeficiente intelectual do individuo e o exito non teñen porque ir da man agarradiños. Moitas veces son dous camiños paralelos. Dende logo que ós que chegan a tan altas cuotas de popularidade e devoción teríamos que medirlle o óco do recebro para enfriarlle o entusiamo a esas masas de imbéciles que só construien castelos no aire. Mesmo a politica da Galiza profunda e caciquil parece mirarse a ese espello yanki, cando o máis rico parece sempre o máis intelixente
Négome a crer na capacidade de Busch ou de Kerry para atallar os problemas que asolan este mundo e ainda vou máis alá para negarme a crer no perfíl do político de hoxendia.
Ao mellor son un incredulo ou mesmo un imbécil tamén, pero cústame moito crer que AMERICA poda ser un luz de esperanza para o resto do mundo.
O home é un lobo, tristemente non é un can.

24 comentarios

vznlpvjv -

VqN4WQ pnqydellcyql, [url=http://vemgxuooizpr.com/]vemgxuooizpr[/url], [link=http://vywdlaudmrut.com/]vywdlaudmrut[/link], http://apfiorovnxzo.com/

dorvisou -

Xisbe, Eu lendo antre liñas a Pppenas entendo o que quere decir. Tamén debemos ter en conta que lle gosta moito o sucre e a nós tamén, non?...jeje
Veña, unha aperta.

dorvisou -

os rios galegos
Muralla, esta é a páxina da que falaba peke. Merece a pena, é un canto a natureza. Xa che enviarei máis cousas. Eu sempre ando na procura de cousas que me fagan transmigrar até o fogar de Breogan.

Carmen_Vesania: pasé por tu blog y dejé algo por el blog de Roberto. Yo estoy muy agradecido a la labor del creador de Blogia y sí me gustaría poder hacer algo.
Gracias y otro beso.

Carmen_Vesania -

Estamos preparando una especie de "gracias colectivas" a Roberto Abizanda. De momento estamos recogiendo ideas.
Os podéis pasar por:
http://blogia.com/vesania/index.php?idarticulo=200411061

para dejar vuestro granito de arena.
Un besazo.

xisbe -

Vou calar para non suxar o teu blog. Que as moscas gosten da merda só quere decir que lles sabe ben a elas, non aos demais.

muralla -

Gracias a Dios que xa se pode entrar no teu blog, porque istes últimos días os blogia non funcionabais...
O mundo eche dos que teñen cartos, e donde mande don dinero, xa se sabe que non hai nada que facer, a intelixencia non vale de nada
e ti ben o sabes.
Por certo, gracias. O meu tamén é teu, non fai falta decircho. ¿Podrías facilitarme a páxina des dos rios que falabais tú e Peke?
Gustariame entrar...
Unha aperta que che toque a loteria...Carmiña

dorvisou -

Debido a uns problemas co servidor de blogia hai algúns problemiñas que non me permite separar os meus comentarios duns dos outros e tampouco borrar. Espero que pronto se solucionen e que me toque a quiniela este fin de semán. Moitiña falta me fai ¡ ay, que me dera...!

dorvisou -

Mentras haxa jichiños, moito me gusta esta palabra, na terra ás moscas non lle ha de faltar onde almorzar, Pepiño.

dorvisou -

Mentras haxa jichiños, moito me gusta esta palabra, na terra ás moscas non lle ha de faltar onde almorzar, Pepiño. Ás veces é como si estivéramos de volta de moitas cousas sen ter ido a ningún lado.

Peke, pode que no campo da ciencia ou das letras encontre vostede xente que lle ilumine no camiño e lle faga de guía. No mundo da política actual deseguro que non. Non hai novos ideólogos capaces de distraer o mundo coas suas teorias.

peke -

Eu tamén me nego. Pero pregúntome: ¿esa negación responde a un desexo ou a unha posibilidade real?

pepe penas -

hai unha morea de cousas neste mundo que endexamais entendín nin entederei...algúns din que o pobo e moi sabio e non se trabuca. de cando en vez teño dubidas...alguèn dixo que os millons de moscas que hai no mundo non poden enganarse...a merda ten que saber ben....