TEMPOS DE ... ... E ROCK AND ROLL
porque quero voar
a ponte da anguria
que vai da noite o día.
Un coitelo acaricia as minhas veas,
un tembror percorre a meu corpo
escachando vellas feridas
para inundarme de sangue...
E ao final escribía unha fraseciña de Lord byron que decía " A adversidade é o primeiro paso cara á verdade".
Non foi tan grande a dor dos meus días. Eu como os poetas finxía...
7 comentarios
xisbe -
dorvisou -
A edade é unha mera cuestión de aptitudes. Hai darlle máis valor a cousas como a vontade, a saúde e non deixar de querer moito o neno que todos levamos dentro porque se morre ese neno apáganse moitas luces.
Princesa Fiona -
dorvisou -
A foto é unha cañería do desaugue dunha casa na rúa do Villar.Foi nun deses días que sentín a necesidade de saber como se vía o mundo dende o chan.
Eu pasei vinte anos promentendolle a minha compañeira que o home até os cuarenta anos podía cambear e resulta, que o mesmo día que os cumplín díxome ela: "Ti non cambeaches nada, só o interpretas"...Mais coido que o interpreto mellor
peke -
Agradezo o paso dos anos porque nos axuda a relativizar, a converter en folerpiñas o que eran intensas nevadas. Algo bo tiñan que ter. ;)
peke -
É curiosa esta foto. ¿É a base dun farol? Non lembro tal na miña aldea. Parece un demo sacando a lingua aos que pasan. ;)
dorvisou -