Blogia
DoRViSou

a PoNTe De ReMeSQuiDe

IMG_2262

Alguén debería pidirlle a Xunta que restaurase a vella ponte de Remesquide para pasealos recordos daqueles Domingos pola tarde.
Nada que ver coas obras dos enxeñeiros do ave, o seu mentor foi o Canteiro de Santomé. Ese home que chamaba polo seu nome a todos menos a Fraga, que lle dicía Don Manuel.

7 comentarios

Paco Penas -

Amiccos, grazzie per essistire... mios signores.

pepe penas -

Noutros tempos a ponte de San Xusto estivo peor ca esa; a xente baixabase do coche de linea, e volvía a subir cando chegaban o outro lado.

torredebabel -

hai unha fermosura na sua fraxilidade, nas madeiras podres e caidas. Dende logo, o lirismo non é bo para cruzar nela, pero vino e aquí o deixei anotado.

Manuel Busto -

Cando fagan a ponte nova que ti demandas, quedaranos esta foto túa como lembranza dos tempos onde cruzar a ponte era case un espectáculo de funámbulos. A paisaxe por onde pasa a ponte seguirá a ser marabillosa.
Unha aperta, Paco.

paidelo -

Cruzar esa ponte pode considerarse deporte de aventura.
Non creo que houbese muito problema en facer algo mais decente.
Gracias pola visita. E tes razon: os sorrisos do Leo e os comentarios no blogo endozan a xornada.

peke -

Que sensación de fraxilidade!

O Raposo -

Un arregliño si que parece que lle fai falta, si.