Blogia
DoRViSou

iNSuLaRiDaDe...
E non lle des máis voltas

IMG_5022

 

ZooM

Na vida hai dúas cousas que son máis verdade que outras. Unha que en Canarias sempre é unha hora menos e a outra que para un español é máis barato enviar un paquete postal á Polónia ou Rumanía que á Canarias. Non, non estou de coña...

Moitas empresas non queren enviar os seus productos a Canarias polo feito de ter que pagar o imposto de aduanas . Fai uns meses holfmann envioume unha nota decíndome que sentían moito non poder seguir mantendo o seu servizo de álbunes dixitais porque os gastos de envío superaban en moitos casos o valor da mercancía. Hai un mes tiven que negarme a recoller un agasallo de unha empresa coa que colaboro porque me parecía un atropelo ter que pagar os quince euros que me reclamaba correos e fai unhas semanas volvín a sofrer nas carnes un nova coitelada ao ter que enviar a nova cámara fotográfica , recén comprada, á Canon Madrid cos seus correspondentes gastos ao meu cargo... e para rematar, isto xa non ten perdón de Deus, tiven que suplicarlle a minha nai que deixase de enviarme máis chourizos do Deza e queixos de Bama porque me arruinaba.

Xa estou pensando que cando morra será mellor que me enterren en Canarias porque, tamén neste caso, os portes superarían en moito o valor do fiambre.

 


4 comentarios

Paco Penas -

Todo isto é un error, non clasificable, dos políticos canarios.
Bicos Marinha

Marinha de Allegue -

Parece ciencia ficción o que relatas, non hai dereito!!.

Unha aperta grande.
:)

Paco Penas -

Amiga minha, é que non todos somos equilibrados, moderados e razonables como a gran minoria deste "país" :-)

peke -

Alucinante! Non tiña nin idea de que pasaba iso.