CuaRTo oSCuRo
Foi alí, na Torre de Hércules, nunha marabillosa mañá da sempre alegre primaveira. Pero desta vez non foi con ela, tirado na herba e mirándolle aos ollos como saltou a chispa do amor. Foi na azotea da Torre cunhas acuarelas...
Gustábame a pintura, mesmo me apuntara nun taller na calle da Torre que era onde vivía. Aquela mañá subira á torre para pintar non sei que. Ao fondo, Santa Cristina, Bastiagueiro, o faro de Mera. Máis preto a cárcere, Monte Alto, Riazor, San Pedro de Visma... aquelo era tan inmenso como imposible de pintar para min e preferin deixalo como estaba. Nacendo desta frustación e impotencia o meu interés pola fotografía. Xa vivía cun dos grandes artistas nunha casa que parecía un grande cuarto oscuro, Santiago Mato e Cesar Dopico, así que, non era difícil contaxiarme do entusiasmo desta xente, nesta outra aventura. A fotografía axudoume a descubrir un marabilloso mundo arredor e dentro de min mesmo, a mirar, a soñar... Agora mesmo, a minha vida sen a fotografía sería como un libro sen letras.
7 comentarios
Beatriz -
unha aperta, paco e a seguir retratando(nos).
O Raposo -
paideleo -
Ti tés unha man especial para a fotografía que xa quixera eu ter...quizais co tempo...
Manuel Busto -
Aínda a boto de menos hoxe. Mañá intentarei estar alá.
Saúdos.
Ninsesabe -
E tamén atina Peke, dijo eu, en que ten aljo de mentira. E dende que hai Photoshop, xa nin che digo...je,je,je
peke -
zeltia -