Ao MeSTRe...
Na minha vida cruceime con xente de todalas castes. Xente ruín, xente íntegra, xente inolvidable e xente simplemente que suman e fan un montón. Pero hoxe quixera ter unha lembranza para esas persoas que, ao seu paso polo meu caron, afondaron coa súa semente. Eses analistas da crianza que sempre che andaban medindo o cerebro.
De tódolos mestres que tiven na vida, que tampouco foron moitos, hai algúns que sempre están presentes na minha memoria de cada día e polo que, nestes últimos tempos teño unha extraña sensación, a conciencia un pouco escocida por haber sido moi pouco agradecido, que é o mesmo que un desagradecido . Fastídiame un pouco ter que recoñelo pero agás dalgún encontro casual pola rúa, non houbo ningún acercamento ou recoñecento pola minha parte. Tan só ese lembranza ou cariño.
Cando "escoito" falar a peke da súa marabillosa relación cos seus ex-alumnos síntome un pouco doente. A min gustaríame volver a compartir un tempo con algún deles, tan só para escoitalos, agora si, atento e en silenzo... anque tamén teño medo, de que ao millor tampouco se acorden de min :-)
As minha primeiras lembranzas andan nesa Escola Mixta de Dorvisou tendo sempre como mestra a Doña Virginia Vilariño Villamayor, Sete longas tempadas... por Deus! como vou esquecer do seu nome, sería boa.
cada mañá, en fila india,debaixo dos carballos, soaba a letanía... buenos días tenga la señorita. Mentras, D.Luis, o seu marido que a traía cada mañá, pisaba forte o acelerador do seiscentos para fuxir decontalo da aldea.
Máis que recordos da aprendizaxe ou amor polos libros venme á mente os castigos que padecía, non deixarme xogar coas nenas, escribir cinco centas veces que non se debía blasfemar, xa cando eu o sabia...
O derradeiro curso daquela "Educación General Básica" fíxeno no grupo de Vila de Cruces.A mestra dixéralle aos meus pais que se quería seguir estudando, o millor era que completase o meu ciclo na Vila. Agora estou pensando se non sería para que lle deixase tranquila a sobriña . Deste ano pouco que dicir, a non ser Fernando, un mestre de música, ética e relixión que se mostraba afable e amigo.
Despois de acadalo graduado escolar e algún escarceo con levarme ao seminario, non sei a que, pero bueno...rematei en Santiago, concretamente no Castiñeiriño, na escola de hosteleria, Aquí escomenzou a grande travesía do deserto pola vida. Tan listiño, tan falador, tan juapiño...¡camarero xeitiño!
¡Que magoa de non ir ao seminario, puñetas!
Da minhas vivenzas en terras compostelanas, falaremos outro día. So nomear a Xosé Luís, xefe de internado moitos anos, Sr. Murillo de Língoa e Don MANUEL BLANCO HERMIDA, así en maiúsculas porque se o merece.
E continuará, pero xa está a chamar a señora da mesa do fondo, esa que pide un café e cando llo levas di que ela non quere café, que o que quere é que lle peches a porta, que fai moita corrente... :-)
Con cariño tamén para Uxía Casal, Marinha de Barreiros, Oscar Sánchez, Xavier Dopico, descalza, Séchu Sende, a rifenha, Manuel Busto, jcabellacruz... e outros mestres blogueiros.
8 comentarios
Manuel Busto -
Unha forte aperta.
Paco Penas -
Moitas veces vivimos a vida como un trámite máis, porque é o que hai e xa está. Home, que menos que pararse a pensar e dar as grazas por todo.
O traballo de mestre paréceme apaixonante para quen o viva con entusiasmo e moi duro para quen sufre ensinando. ¡Pobres nenos estes últimos!
Peke, eso...non sorrías :-)
peke -
Ninsesabe -
Podo dicir que non hai satisfación maior para min. So por esas cousas, todo valeu a pena.
Agora coñezo a filla.
É igualiña á nai.
Paco Penas -
peke -
Paco Penas -
tina oiticica harris -