Blogia
DoRViSou

ReFLeXióNS eN Do MeNoR

<center>ReFLeXióNS eN Do MeNoR</center>
Xa o decía Unamuno " O home do diario xa non apunta no seu diario o que a diario pensa, senón que pensa para apuntalo"... i esto, ven a resumir un pouco todo canto me pasa no blogomillo. Un, quixera disfrutar, ser un mesmo, postear sen ter en conta o que dirán ou pensarán os demais,. Todo elo, anque pareza unha contradición, sen sentirse axexado e moito menos criticado.
A calidade da maioria dos blogs escravízame e o mesmo tempo motívame que da gusto. Facía tempo que non tiña esta ilusión por seguir facendo fotos nen por escribir dun xeito máis ou menos ordenado que tamén axuda, en certo modo, a fertilizala mente e sementar ideas.
Graciñas a todos pola vosa paciencia.

2 comentarios

dorvisou -

Si peke. É unha ventá aberta ó mundo. O mar, o horizonte, a complicidade das parellas...ten moita vida, sentimento.

peke -

¡En fin! Xa non me resisto máis. A foto evoca un feixe de sensacións; moi metafórica á marxe da pura realidade. A min, cando menos, suxíreme moitas cousas.