Blogia
DoRViSou

RoMáN MoRaLeS

Román Morales García

 


LoS ReiNoS DeL CoNDoR


Caminar la infinita naturaleza es, de alguna manera, un retorno a la vida nómada y a las esencias poéticas del ser humano... (Román Morales, Buscando el sur , Ed. La Palma)

Un home que é capaz de percorrer os once mil kilómetros que separan a costa caribeña de colombia, concretamente dende a cidade de Santa Marta que foi onde partiu, até a punta máis austral da terra, Ushuaia, no sur da Arxentina, sempre merecerá a pena escoitalo con pleitesia. O martes tiven, unha vez máis , o pracer de disfrutar da súa conversa. Forón tres horas intensas de anédoctas, de diapositivas, de aventura pura e dura ... mais que dura penso que inhumana, porque tres anos e medio á pé cruzando Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Ecuador e Arxentina sen máis teito que o firmamento, hotel de mil estrelas como el mesmo gustaba de chamarlle, só está ao alcance duns escollidos. De feito unha das súas preocupacións cando xa estaba a piques de rematar, era o medo a non poder parar cando tocase a súa singular Fisterre. Non hai dúbida que a soedade coa que afrontou esta aventura foi o seu maior desafío, mesmo nunha das dedicatorias do seu libro "Buscando el Sur" lémbrase dos homes e mulleres de sudamérica que agardaban nas orelas dos camiños para restaurarlle os osos e o afecto,

Despois da exposición tamén eu fun na procura do meu querido Sur , cheguei dúas horas tarde ao traballo, non tiña presa, pola autopista escoitaba música mentras soñaba, non quería que se diluira aquela sensación de libertade que me atrapara e me posuía ao pensar na cruel realidade dos que atrapados pola voráxine dunha sociedade consumista non temos máis camiños que os que fan as diputacións ou cabildos.

Agora mesmo, Román está a escribir outro libro pois a mediados deste ano pasado, rematou outra alucinante viaxe en canoa, a través dos ríos Parana, Orinoco, Amazonas e afluentes durante dous anos e medio... non sei canto tardará en editalo, Román non atende a razóns establecidas nen mide o tempo, aborrece do nosa esclavitude moderna, prefire o "primitivismo" indíxena e a libertade da selva.

¡Chapeau, amigo guanche!

7 comentarios

Paco Penas -

Estou contigo raposo. Coido que eu non sobreviviría.
Ninsesabe, unha raza moi especial e unica, si señor.
Tembell é algo máis que unha urbanización. Foi un dos sitios pioneiros no turismo no sur de Tenerife e que quedou un pouco abandonada. Agora hai uns cantos proyectos para recuperala. si, pertence ao concello de Arona.

Ninsesabe -

Estas persoas pertencen a unha raza especial, á que eu admiro profundamente.
¿En Arona está unha urbanización chamada TEMBEL, ou aljo así? Alí estiven eu nun campionato de España de xadrez...

O Raposo -

Admiro a xente asi.Lendo esto moitos sentimos envexa e quiséramos facer o mesmo, pero no fondo sabemos que non seríamos capaces de dar o primer paso con todo o que eso significa.

Paco Penas -

D.Pepe, non sería mala idea que te meteses nun paxaro deses de ferro e viñeras dar unha volta. Eu iría a recibirte con gaiteiro e todo.

Paideleo, cando o penso, aínda doe. É agora cando tíñamos que retirarnos de traballar e vivir, non traballar tanto :-)

Minha peke, Aínda así disfrutamos dunha libertade, non quero imaxinarme se tivera alas coma un avión. Pero escoitas ou lees estas cousas e desperta ese neno inconformista, soñador, que aínda levas dentro.
Un bico tan grande coma unha pista da parcelaria.

peke -

Dicía Chatwin que hai dous calses de escritores (eu diría que de seres humanos): os sedentarios e os nómades. Ben se ve que o teu amigo é destes últimos. Non o envexes. Cadaquén é como é.

paideleo -

Comprendo a túa envexa.

pepe penas -

Si non fora tan loxe ainda case podía ir no meu autobus a escoitalo.
Unha aperta