eu TaMéN SeMPRe FuN CaMaReiRo...
Ser Kama-eros é ser un mundo de cousas, ter un mar de sensacións vividas e soñadas. Sensacións de haber compartido mesa e mantel con mil famosos, sensacións de haberse enamorado de tres mil mulleres e deitado con cinco mil. Sensacións de ter un millón de amigos, de haber estado algunha vez en Lisboa,Londres ou París, de haber leído sete veces Ulises de James Joice, a divina comedia de Dante ou mesmo collido unha boa melopea de viño con Bukowski.
Ser Camareiro ou non se-lo. That´s the question.
10 comentarios
dorvisou -
Agora fan cursiños de camareiros,2000 horas ou tres meses. Algúns estivemos cinco anos,non sei cantas horas son...e algúns non chegaron a saber facer unha coca cola, tiveron que darse por contentos con aprender a abrila botella.
dorvisou -
Un saúdo.
Samo -
Brocco -
dorvisou -
peke -
dorvisou -
pepe penas -
Vos sabedes que as moleculas do hidroxeno son mais pequenas cas do osixeno ¿non?
Pois e moi doado: furades un caixón con buratos pequenos por debaixo, enchedelo de auga e como as moleculas de osixeno son meirandas cas do hidroxeno, unhas quedarán no caixón e as outras pasarán polos buratos. Chamabanlle Dn. Alfonso e era amigo de todos.
dorvisou -
Poderíamos falar moito deste asunto pero hoxe, hoxe chove no sur de Tenerife, fai vento e as cumbres do Teide estáb nevadas...hoxe é un día maravilloso para o meu estado de ánimo e paréceme pouco ético falar do traballo, ¿non che parece?.
Gústame o que fago anque non sei se fago o que de verdade me gusta. Ao mellor quixera ser taberneiro como Avilés de Taramancos ou algo asi.
Biquiños mollados.
muralla -
Pero gustame máis o que tú dis do teu oficio.
Bicos. Muralla.