Blogia
DoRViSou

AO AMIGO...

paco Lareo_6

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.

Dous ríos circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.

Sentarse naquela horta, unha noite de verán e lúa chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.

cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.

A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.

Paco Penas.

Ás veces, atrapallado polas palabras, cústame moito ordealas para escribir e darlle xeitos as ideas. Pero neste caso, nun pequeno homenaxe que lle adiquei fai uns anos anos ao meu amigo PACO LAREO , saíume da alma, escribino co corazón, con sangue...

Por iso, quero recatalo hoxe para este V meme das minhas lembranzas.

0 comentarios