Blogia
DoRViSou

CueSTioNaRio PRouST

 

IMG_6127-<br /></a></p><p style=

 

 

 

Cuestionario Proust

 

Recollendo o testigo de NINSESABE imos practicar un pouco de exhibicionismo anque coido, que son dos que xa vou deixando un anaco de carne en cada arroutada...polo que xa moitos terán o negativo do meu retrato.

 

 

O principal rasgo do meu carácter?

Eu destacaría, falando de positividade, a minha docilidade, sensibilidade,… por outro lado son bastante choromicas…ás veces un pouco carpideira, esta a dicir a minha compañeira.

A calidade que prefiro nun home?

A bondade en todo o seu contexto

A calidade que desexo nunha muller?

As mesmas do home e algunhas máis...jeje

O que máis aprecio nos meus amigos?

A transparencia, fidelidade e compromiso

O meu principal defecto?

Non saber escoitar ás veces…desta, non ímos preguntarlle nada a minha compañeira, non sexa o diaño que me chafe o día.

A miña ocupación preferida?

A fotografía con diferencia. Tamén practico a xardiñería do testo…

O meu soño de dicha?

A minha veciña…jeje. En serio, que baixen tódolos deuses a terra, os uns e os outros, e que entre todos arranxen este desaguisado. E tamén que os homes se entreguen con máis vehemencia ao mundo da filantropía

Cal sería a miña maior desgraza?

Uff…neste momento sería non poder axudar aos meus fillos

Que quixera ser?

Un virus benigno que se contaxiara entre os humanos a unha velocidade de trescentos bicos por minutos

Onde desexaría vivir?

No campo, nunca casa antiga e restaurada, con agricultura biológica e moito tempo libre para disfrutar dos amigos, da familia…

A cor que prefiro?

Unha cor cálida e tenue, calquera...

A flor que prefiro?

Se teño que decidir unha sería a camelia pero tamén pola fermosura da sua árvore. Calquer flor me parece bonita, desde a do toxo ata esas pequenas margaridas que medran polos carreiros da minha aldea

O paxaro que prefiro?

A paloma da paz, non teño dúbidas. Agora, do paxaro que máis me acordarei será sempre daquel corvo negro que lle comía o porral a minha avoa cando eu neno

Os meus autores preferidos en prosa?

Ata os vinte e tantos foron os clásicos, Herman Hesse, Charles Dickens, Oscar Wilde, Dostoievki, Alan Poe…(Gracias a un mestre que se chamaba Murillo). E despois dunha epoca onde ler se tornaba espeso chegou o intre da literatura galega,.. Manuel Rivas, Suso de Toro, Neira Vilas,Vázquez Pintor, Uxia Casal…Pero tampouco son dos que vou devorando libros, dous ou tres ao ano.

Os meus poetas preferidos?

Charles Baudelaire, Alfonsina Storni, Fernando Pessoa, Rosalia de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero…

Os meus heroes de ficción?

Non teño…

As miñas heroínas de ficción?

Carrapuchiña vermella...

Os meus compositores preferidos?

Cantautores como Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanes, Aute,..

Os meus pintores predilectos?

DEZA POWER…jeje. Laxeiro, Sucasas, Lamazares, Paco Lareo, Armindo Salgueiro, Colmeiro, Álvaro Negro, Paio, Guillermo Aymerich…

Os meus heroes da vida real?

Aquela xente que altruistamente traballa en prol dos demais.

As miñas heroínas históricas?

Esas mulleres galegas do rural que traballaban de sol a sol…

Os meus nomes favoritos?

Uxio e Iria…

Que detesto máis que nada?

A falsedade, o egoismo, a injusticia…

Que caracteres históricos desprezo máis?

A violación dos dereitos humanos, a escasa solidaridade antre povos e a pouca sensibilidad co medio ambente

Que feito militar admiro máis?

Pois nas labores humanitarias, no caso dunha catástrofe natural…

Que reforma admiro máis?

Todas aquelas que nos fagan máis libres e ditosos

Que dons naturais quixeras ter?

Gustaríame posuir algún máis sobrenatural pero posto a elixir quédome co don das artes.

Como me gustaría morrer?

Ía dicir consciente e sereo pero ninguén o vai a crer, asique direi…soñando coa eterna primaveira da vida.

Estado presente do meu espírito?

On-line… :-)

Feitos que me inspiran máis indulxencia?

Os povos castrados polos sistemas autoritarios, a xente que morre de fame, a xente que sofre da violencia de xénero, o abuso sexual e explotación dos nenos…

O meu lema?

Ben podera resumirse nesta frase...Vive e deixa vivir

 

 

13 comentarios

caperucita roja -

boa páxina,interesante, bonita e emocionante incluso pero home por dios será caperucita non CARRAPUCHIÑA!!un saúdo!!

Sergio Vargas -

Joer Paco , pareces el borrachin de las verbenas con ese tocado cervecero!en cuanto al retrato , creo que te has pintado muy bien , por algo me gusta pasarme por aqui de vez en cuando .
Saludos amigo!

Paco Penas -

Si peke, seino pero vexo o día de arranxalo. Teño tantos deberes pendentes...
Un bico.
Gracias Juanra, por recordarte...que sepas que desde el 18 de Junio hasta el 25 estaré por Madrid.
Un saludo.

juanra -

Pues encantado de conocerte un poco más. Un saúdo

peke -

Por certo, tes unha morea de ligazóns que non furrulan.

Ninsesabe -

Será un verdadeiro placer. E non só polos viños...

peke -

Por que será que case non me sorpredeu ningunha resposta? ;)

Paco Penas -

Gracias Manuel, máis que de principios pode ser de intencións :-)
En canto aos viños, non te preocupes, desde as Cruces a Golada, no AVE son cinco minutos.

Beatriz, contigo o conto dos viños é máis doado pois o tren xa está chegando ao sur, jeje.
Un bico e outro para Josefa.

Beatriz -

uf, paco, isto tenche máis destape cás aventuras da josefa....
:)
por certo, encantada de verte

Manuel Busto Galego -

Toda unha declaración de principios nada doada de responder.
A foto, moi boa, sombreiro incluído.
Un saúdo e outra invitación para os viños.

Paco Penas -

Ninsesabe, a pamela de palla polomenos non é do PP como aquela outra da queimada...jeje
No mes de xullo estarei por aí e non sería mala idea tomar uns viños e bla, bla, bla... Xa falaremos.
Unha aperta.

Ninsesabe -

Que burrán, non vira a foto, saía un código raro...Mellor que as do premio, esta, dijo eu.
Aínda que o sombreiro deixa moito que desexar...

Ninsesabeº -

Xa te coñezo un pouco mellor. Con esto, e a axuda das fotos aquelas do premio, si te vexo pola rúa xa te podo invitar a un viño. Ou a dous.
Gustoume especialmente a resposta ó que che gustaría ser. Si señor. Apúntome.