LiBeRTaDe CoMPaRTiDa

medano_000.jpg
"Se o instinto e a razón che marcan camiños diferentes, sigue o teu instinto porque a razón é cousa de todos". Esta fraseciña de Villaespesa iluminóume moitas veces neses días escuros i espesos da minha vida.
Hoxe,día libre, día do meu orgullo pailan e lonxe daquel desacougo ou proído xovial vou ir camiñando até o cume desas montañas que tendes na foto, que mesmo parecen dous montóns de area e non o son, para disfrutar da paisaxe, dos aromas do mar, da poesía, da fantasía...

Xa sei, que teño que quitalas malas herbas das plantas e limpala terraza, cambiala luz da entrada, ordealo trasteiro... pero é que hoxe levanteime daquel xeito e síntome rrarorrarorraro.
20/09/2004 11:40

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Anónimo

Se te sintes rrarorraro.. eche cousa do corpo;como dicía un que coñeceía eu: se o corpo che pide auga, dalle viño..e se che pide viño.. dallo.. non e bo irlle sempre pola contra.
Por certo o enlace que tes a miña páxina non funciona. si lle tes posto www , proba a quitarllo.
unha aperta

Fecha: 20/09/2004 22:28.



Autor: pppnas

Esqueceume dicir que era eu. Estoume facendo maior.

Fecha: 20/09/2004 22:31.



Autor: dorvisou

Xa está correxido, pp.
Pola mañan estaba rrarorraro e agora estou cansocanso.
Ando maquinando co meu fillo de facelo treito do camiño de Santiago dende O Cebreiro no vindeiro vran e teño que ir poñendo a máquina a punto. Mesmo terei que ir pedirlle consellos o meu amigo Román que camiñou tres anos e medio sen parar.

Fecha: 21/09/2004 00:01.



Autor: Vendell

Eis dorvisou, ¿qué montes son eses? Por certo, o horizonte escóralle a dereita.

Fecha: 23/09/2004 21:07.



Autor: dorvisou

Pois en Turquía non foi...jeje
Ocorre que se endereitaba u horizonte desaparecíame a cabeza do monstruo da foto.
A praia é a do Medano. Un povo do município de Granadilla do que seguramente xa escoitou vostede falar algunha vez anque só fose por estas cousas.

http://www.surfcenter.el-medano.com/infos/espanol/

Fecha: 24/09/2004 02:59.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]