LiBeRTaDe CoMPaRTiDa
Hoxe,día libre, día do meu orgullo pailan e lonxe daquel desacougo ou proído xovial vou ir camiñando até o cume desas montañas que tendes na foto, que mesmo parecen dous montóns de area e non o son, para disfrutar da paisaxe, dos aromas do mar, da poesía, da fantasía...
Xa sei, que teño que quitalas malas herbas das plantas e limpala terraza, cambiala luz da entrada, ordealo trasteiro... pero é que hoxe levanteime daquel xeito e síntome rrarorrarorraro.
5 comentarios
dorvisou -
Ocorre que se endereitaba u horizonte desaparecíame a cabeza do monstruo da foto.
A praia é a do Medano. Un povo do município de Granadilla do que seguramente xa escoitou vostede falar algunha vez anque só fose por estas cousas.
http://www.surfcenter.el-medano.com/infos/espanol/
Vendell -
dorvisou -
Pola mañan estaba rrarorraro e agora estou cansocanso.
Ando maquinando co meu fillo de facelo treito do camiño de Santiago dende O Cebreiro no vindeiro vran e teño que ir poñendo a máquina a punto. Mesmo terei que ir pedirlle consellos o meu amigo Román que camiñou tres anos e medio sen parar.
pppnas -
Anónimo -
Por certo o enlace que tes a miña páxina non funciona. si lle tes posto www , proba a quitarllo.
unha aperta