SaNTo, SaNTo, SaNTo... o 0,5 non chega

cruceiro_3.jpg
Agora perdeu creto. A xente deixou de santiguarse ao pasar por diante e até os nenos xogan polas noites darredor sen medo..
A can esmirriado, todo son pulgas.
28/09/2004 03:09

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: muralla

Home, a verdad e que da un pouquiño de pena, pero como sempre a foto e preciosa.
O tempo non perdoa nin as pedras...Nos seus bos tempos debía impresionar, desde logo.
Bicos.Muralla

Fecha: 29/09/2004 16:56.



Autor: dorvisou

Non podo chegar a entender como a xente ou mesmo as institución non se preocupan un pouco de manter viva a hestoria, a memoria dos povos conservando o patrimonio cultural. Xa sexan cruceiros, petos de ánimas, reloxos de sol e moitas outras cousas.
Eu estou moi sorprendido da páxina de Pppenas porque cando leo cousas que escribe desa aldea na que nacemos os dous, faime recuperar o pulo de investigar e saber máis dos meus antepasados.
Ás veces preguntome ¿cal será o patrimonio que lle deixaremos aos que veñan despois se non somos quen de conservar o que temos?, como nos descoidemos un pouco, un gran basureiro.

Fecha: 30/09/2004 02:59.


gravatar.com
Autor: muralla

Eso e algo que sempre falamos o meu marido e eu cando estamos por isas terras. Nosoutros vamos a un puebliño da ría de Muros e Noya. O meu home (catalán) encantanlle os petroglifos, os cruceiros, os mosteiros... e sempre nos sorprendemos de que dun ano pra outro desaparezan cousas.
Como sigamos así non lles podremos enseñar nin as vacas.
Bicos.Muralla

Fecha: 30/09/2004 12:43.


gravatar.com
Autor: peke

A rapina e o abandono: dous males enxebres.

Fecha: 30/09/2004 13:28.



Autor: xisbe

En Galiza non ha grandes monumentos ou construccións antigas porque desde séculos o pobo aproveitou para facer as suas construccións todo aquelo que ficaba abandonado. Iso é aproveitamento ou rapina? Outra cousa é o de levar cruceiros para as fincas, curas que venden tallas ou portas de igrexas ou miudos que pintan ou labran calquer monumento. Non so é falta de educación e liberalismo:o de todos é meu.

Fecha: 30/09/2004 23:50.



Autor: dorvisou

Muralla, peke e xisbe: as minhas obrigas laborais fixeron que vivise uns días alexado do blogomillo. Un congreso de 2000 persoas fai que cada día chegue a casa baldeiro de emocións e sen forzas.
Apertas e moitos bicos ( xisbe, bicos é un decir)

Fecha: 03/10/2004 11:04.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]