2005 veces adeus...
Hai xente que se enterou pola radio, a outros contáronllo por teléfono, algúns lérono nos xornais, e os máis despistados, que sempre os hai, enteraranse mañan.
Esta noite moita xente morrerá rebentada e desangrada antre os ferros dun coche, outros esnaquizarán a cabeza ao caer polas escaleiras dunha discoteca ou contra o recanto dun penedo, moitísimos terán que empuñala palma da man na boca do estómago para non vomitalos fígados... xa sei que todo soa un pouco forte, é o que ten a realidade cando é visceral. tamén é certo que moita xente "morrerá" de pracer, pero botando un polvo deses que faga tembrala terra para despedilo ano e escomenzalo outro, algúns vivirán a noite máis feliz da súa vida bailando e ata ligando, moitos se aburriran coma nunca pero manán levantaranse convencidos de que foi unha noite especial. E outros, os poucos, serán quen de ata superar un control da garda de tráfico...
¡Eu, eu...cústame crer que faga tembrala terra, como moito, no millor dos casos, levantareime pola mañá convencido se que foi unha noite especial. Tampouco é o pior!
Feliz día e mellor noite a todos os meus amigos.
12 comentarios
Paco Penas -
Bicos e coida do da moto...jeje
¿O Maycar?...mecajonomundo, non me trae recordos nin ná. Non sei como está agora, daquelas das que che falo eu escribíanse alí a novela nejra e a rosa toda xunta nesas noites longas do inverno.
Que te mellores haikuiano.
Paco Penas -
Acedre, a resaca foi bestial, e o festival tamén. Este ano douseme por sacarlle fotos os amigos, xa podes maxinarte que marathon.
Eu tamén che desexo do bon, o millor.
Paco Penas -
Bicos cantos queiras.
Marinha, espero que o 2006 teña de todos eses intres e non algún tan horrendo como tivo o 2005.
Bicos a máis non dar.
J. Manu, ás veces tamén o pasas ben aí sentadiño con esas vistas que tés a praia dr Riazor, ou esas cousas andantes que suben as veces por esas escaleiras de caracol. Non vou dar máis pistas...
Bicos para ti non teño...jaja
eue -
Bo 2006
Rocío -
acedre -
peke -
JOSE MANUEL -
ENTON A CABEZA NO A PARTIREI E UN CANTOS-AS XA OS ESCOITEI
QUE FACIAN TEMBLAR A RECEPCION
BESIÑOS FELICES FESTAS A TI E OS TEUS
Paco Penas -
Artipractor -
Marinha de Allegue -
2006 intres de Paz,
2006 intres de Amor,
2006 intres de Conversa,
2006 intres de Relax...
UN 2006 Cheo de tenrrura.
BeiJoS e ApErTaS dende o 2005 ata o 2006
Muralla -
Bicos grandes e de mel para acabar e empezar o ano.