Autor: dorvisou
Nestos próximos post irei colgando fotos que fixen con unha Canon eos10D que me deixou prestada un amigo. A verdade é que estou ainda un pouco fora de min polo moito que disfrutei con ela.
Eu sei que a minha compañeira esta un pouco celosa e non sei como vou apañarme para facerlle entender de que non podo vivir sen comprar unha reflex dixital de tales dimensións. ¡ ay se me tocara a primitiva!
Fecha: 12/11/2004 20:45.

Autor: pepe penas
Coido que farás a primitiva..non vaia a ser coma aquel que lle pedía a un santo que lle tocara a lotería. ¿Sabes que lle dixo o santo?: ¡home polo menos axudame!..tan siquera cumprimenta para que eu poida facer algo...
Fecha: 13/11/2004 19:16.

Autor: peke
Ten unha nitidez abraiante. Dille á túa compañeira que a túa arte ben merece o desembolso dunha paga extra. Seguro que o comprende. :)
Fecha: 13/11/2004 19:31.
Autor: dorvisou
si Pepe, xogo. O que non se me ocurrira aínda foi ó de pedirlle favores aos santos, ¡mira ti por onde!.
Se polo menos hoxe o Barça lle houbera gañado o Betis xa tería para a dichosa cámara de fotos anque tamén é certo, que tiña que repartir o premio con trinta máis.
Gracias peke. Vou pedirlla os reises. Este ano non fun tan malo como o pasado...jeje
Fecha: 14/11/2004 19:38.