Blogia
DoRViSou

Ecce Home

Si... un, dous... probando

 

Non dixen Adeus porque non lisquei....

Eiquí o meu diario on-line que non le ninguén, o meu caderno de aprendiz, a minha letanía do neno que non morre...seguirei posteando para min.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

CaRTaS De aMoR...

Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.

Gloria Penas

Querida naiciña:

                                                                                 hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para  bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.

Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos  para voar a Tenerife e voltar a pasear  pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes,  non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje

¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras  cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!

Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...

¡conéctate muller!

A SaNTiaGo Vou...

IMG_1215-1

ZooM

O luns fixen arredor dos quince kms cargando unha mochila de nove kilos e as sensacións non son moi boas.  Sen mochila, as baixadas son proporcionales as subidas pero coa mochila ao lombo os kms parece que teñen máis de mil metros. Coa mochila a resistencia aerodinámica é maior, gañas en aderência ao chan pero botas de menos o kers, jeje

Mais aínda así,  quero confiar que o camiño de Santiago sexa o mellor entrenamento para o propio camiño.

Bueno, ao final, como todos, un vai a camiñar, a disfrutar da natureza, sen esperar grandes milagros pero sempre coa esperanza de ver unha luz que che sirva de guía, que che de forzas para chegar a Compostela e dar grazas ao patrón.

Xa contarei...

IMG_1225

ZooM

MaDe iN CaNaRiaS...

IMG_1188-1

ZooM

IMG_1229

ZooM

IMG_1249

ZooM

Sendo eu un cativo, cando minha nai vendía ben os repolos na feira do catro e compraba plátanos, xa soñaba  con vivir en Canarias :-)

 

SoMoS PoeTaS DaS eSeNCiaS e DoS aRoMaS...
Non somos traficantes de alimentos :-(

IMG_1171

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

 

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

 

No mundo da hostelería, a relación co cliente vai sempre un pouco máis alá do clásico protocolo. O escenario é un negocio como moitos outros, pero a situación persoal do cliente é case sempre moito máis relaxante e cómoda que noutras actividades.

Aínda así, tamén se dan moitas anédoctas onde os malos xeitos e situacións tensas están a fror da pel.  Pero hoxe só quero falar da gratitude, desa xente que día a día viven empeñados en demostrarche, xesto a xesto, palabra a palabra, que son amigos denantes que clientes.

E son eses amigos, que comen e pagan o que comen, quen tamén pagan os estudos dos meus fillos. Amigos que me pagan a hipoteca e mesmo enchen a nevera. Amigos, que aínda todo lles parece pouco e  deixan propina.

Meus amigos...

 

 

Ao amigo Enrique Beotas, por cargar como un burro *(1), por ser home de palabra  e por demostrarlle ao mundo que se pode ser galego aínda nacendo en Avila.

*1(Iso é o que fixo fai un días cando chegou ao meu restaurante cos dous últimos exemplares de Galicia, Sexta Provincia)

DSC01393

Paco Penas, Enrique Beotas y Jushef...

ZooM

DeCePCioNaDo...

DSC01482

ZooM

DECEPCIONADO, e non porque fose a votar máis xente da que pensaba. DECEPCIONADO,  por ese coto privado no que se está a convertir o noso mapa político,  onde  sempre están os mesmos, onde non hai caras novas que alimenten a nosa esperanza. DECEPCIONADO, porque nen xuntándose catro gatos, somos capaces de sacar dous deputados...

E ao final, DECEPCIONADO,  porque tristemente vai ser certo o que dixo algún político "cómpre que desaparezan as culturas nacionais, obstáculo para a integración harmoniosa da humanidade..."

¡Hai que foderse!.

Ao monte, meus... que non nos queda outra

¡Saúde e terra!

 

DSC01483

ZooM

RaMóN DoMíNGueZ...
que según contan, cando deus fixo a luz, el xa debía catro recibos a UNELCO.

Posiblemente ninguén os chamen para representar a  España no festival de eurovisión, pero tampouco lles importa moito, nin eurovisión, nin tansiquera España.

Viven na Maraconesia,  nun archipiélago, son canarios....

 

 

 

 

OREMUS...
Tokaji Aszú 6 Puttonyos

DSC01592

ZooM

Nesta visita a un tempLo lembramos con encanto aquela sorpresa que nos levamos na Ribeira Sacra. Coido que foi no monasterio de  Santa Cristina de Ribas do Sil, en plena natureza de castaños e carballos.  Entramos e deixándonos levar polas sensacións de sosego que nos transmitía aquel remanso de paz,  encaramos sen perder detalle ata o altar maior, e de súpeto unhas notas celestiales de flauta  sonaron como se fosen os propios anxos de pedra  que nos recibían con certa pleitesía.

Pasiño a pasiño, aínda sorprendidos, fomos achegándonos ao fondo e cal non sería a nosa sorpresa, ao atopar alí nun recuncho un mozo tocando con maestría e á espera da nosa xenerosidade divina.

Gústanme estes espazos, para reflexionar, para sentir...ou mesmo para tomar o fresco.

DSC01601

ZooM

O Meu TeaR...
tece que tece.

DSC01623

ZooM

Tres segundos sin pensar en NADA

en SILENZO,

na OSCURIDADE.

debe ser a cousa máis parecida a morte ... para un ATEO.

 

DSC01619

ZooM

Fotos sacadas o luns pola mañán, sen trípode e baixo os efectos do síndrome de abstinencía...

 

ReFLeXióNS
...dun armadanza criado no ocaso do arado romano

DSC01421

ZooM

¿Que estás escoitando?

Nada. O silenzo.

¡Oxalá fósemos tan iluminados como para escoitar o silenzo! Pero somos só homes e nin tansiquera sabemos escoitar os nosos propios murmullos.

(Paulo coelho, en conversas con Petrus, no peregrino de Compostela)

Levo un tempo disfrutando moito da natureza, nun principio falaba con ela, pero agora decateime que a  verdadeira comunicación é posible máis alá das palabras. A comunión está en chegar a sentir, sen máis e sen menos...

As palabras sempre nos limitan.

(Paco Penas de Dorvisou, nos exercicios da vida)

 

DSC01447-1

ZooM

 

 

Nen SeN Ti, Nen CoNTiGo...

IMG_0396

ZooM

"Emprende a viaxe a Ítaca, pero demórate o máis que poidas. Fai moitas escalas, tendo sempre presente a túa illa, a que estás buscando. Ó  final chegas a Ítaca e ¿ que vas descubrir? Que a verdade Ítaca era a viaxe... (HOMERO)

 Non volvo, e que nunca me fun. Non podo vivir sen o Blogomillo. Pecho a ventá e fáltame o aire...

Son así, ¿que lle vou a facer...?

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

PReLuDio DuN CaMiÑo...

No camiño de Santiago, posiblemente non atope eu esa espada que me convirta en maestro RAM, pero do que estou seguro, é de que na minha vida, vai haber un antes e un despois... o mesmo que lle sucedeu a Paulo Coello.

O camiño de Santiago, nese primeiro treito por terras galegas,  non deixa de ser a minha primeira experiencia, mais manteño a esperanza de completar o camiño por estapas nos vindeiros anos. Nun principio tiña a idea de facelo na compaña de Uxio,  mais ao final contaremos co guía espirual que aparece  na cabeceira deste blog, que ao xeito de Petrús, irá reconfortando o noso propio coñecemento coa sua longa experiencia, poi coido que vai ser a terceira vez que pisa o mesmo carreiro.

... E para os meus amigos, prometo fotos, fotos, moitas fotos.

aMoR De Pai...

Este video realizado polo polifacético GRANDE VICTOR GRANDE,   e no que participaron a xente de LUCANUS, gañou o segundo premio no concurso de video Xuventude Galiza Net 2009. Unha orixinal idea que polo simple feito de colaborar o meu queridiño UXIO, xa merecía todos os óscars do mundo :-)

Pero, isto non acabou aquí, nun ataque de amor consanguíneo agasellei ao rapaz coa minha cámara de video Sony HDR- SR11E, e como canta Rui Veloso " o prometido sempre é debido".

Agora, mentras tomo o sol, espero.

 

FoTuS PaCuS...

IMG_0216

ZooM

Xa o decía Arnold Newman, Estou convencido de que calquera intento fotográfico para mostrar ao home completamente é unha tontería. Só podemos mostrar, o mellor que podamos, o que o home revela exteriormente. O home interior poucas veces revélase.

Arnold Newman

IMG_0016

ZooM

Si, o conto da leiteira, iso mesmo foi o que pasou. Primeiro pensaba xuntar un grupo de fotógrafos amateurs para criar unha asociación, máis tarde iríamos pedir as portas do concello, do cabildo, da caixas e dos ricos. Pero xa se sabe, estamos en tempos de crisis e a executiva non saben, non contestan... polo tanto tiven que tirar de catro empresas pequenas para montar o meu circo. Catro amigos que están dispostos a invertir en "culturilla", sen máis compromiso que o persoal, porque a publicidade que vamos a xenerar coido que non vai a reportar grandes beneficios nos seus petos.

E agora a traballar, organizar a primeira exposición colectiva e a moverse para que o mundo non pare. O de traballar por amor ao arte rascandose os bolsillos, non deixa de ser un acto un pouco egoista, anque todo elo sexa  para dar saída a certo pruido que non atopa acougo.

Seguirei contando...

TeCNíVoRoS

SE BUSCAN

Potencialmente inofensivos, avezados informáticos, amantes das novas tecnoloxías e frikis blogueiros.

Atenden aos nomes de Antonio, Sergio e Uxio e foron vistos por derradeira vez xuntos en Lalín hoxe pola tarde, todos fachendosos cando ían para o concerto de MANOLO ESCOBAR E DAVID BUSTAMANTE.  Dous deles parecen que van armados con teléfonos de pantalla líquida e o terceiro ameaza con mercar un antes de rematar Febreiro.

De día e de noite, con sol ou con lúa, chova ou faga sol, móvense a ritmo de hip hop , hause e músicas alternativas. En horarios de traballo frecuentan un garito que se chama LUCANUS e os xoves pódense escoitar en RADIO LALÍN ou tamén nos podcast no blog de TeCNíVoRoS.

Recoméndase encarecidamente que se alguén os chega a ver, que lles de moitos bicos e abrazos.

 

EnTReViSTa ao aRTiSTa de DoRViSou

Facía xa un tempo que non pisaba a radio, atrás quedaban aqueles felices días do buzón do poeta en radio Bahía, onde compartin ondas co meu amigo Marco. Tamén algunha tertulia na Tanquilla de intersur con outros amigos, pero cando me chamou JM.Pitti fai uns días, para facerme unha entrevista na súa radio, quedei cavilando....JM Pitti é uns dos profesionales con máis raza e criterio no mundo das comunicacións nas illas e por iso non as tiña todas conmigo. Certo apuro me daba o non saber se sería quen de estar a altura das circunstancias, pero bueno, quitando algún tartamudeo, cousa xa non lle extraña a quen me coñece, e algunha palabra "comida", todo transcendeu con moita normalidade.

O SoN Do GalPóN

 

 Unha das minhas debilidades nas vacacións é ir a  praza de abastos de Santiago de Compostela, a mercar ou a comer cos ollos. E este pasado verán, xunto do meu "colega" Uxio, achegámonos a ela para  facer unhas fotos e almorzar despois polo casco vello, pero chegamos ao mercado e fomos directamente ollar o peixe bailar e  bateron os nosos ollos nuns percebes que deseguida nos fixeron cambiar de plans. Aquela mañán íamos darlle unha sorpresa as nosas mulleres, colleríamos dos kilos de percebe, uns san martiños, botellas de albariño e regresaríamos á casa para preparar un tenderete do carajo.

Pero como tíñamos o coche na praza de Galicia, baixamos pola rúa do villar ata que chegando á praza do Toural escoitamos uns acordes que nos fixeron deixar no chan as bolsas dos percebes, do peixe e do albariño para escoitar un pouco aquel concerto que prometía caña da boa... no palco,  SoN Do GalPóN a golpe de violin, guitarra, baixo, batería e unha voz (a de Gael) para secuestrar a nosa vontade e facernos cambiar na mañán outra vez máis de plans, e deixar as nosas queridas mulleres sen comer :-(  .

Alí estivemos, disfrutando daquel concerto bravú da música emerxente do país ata que se fixo o silenzo de pedra no Toural. Cando chegamos a Prevediños de volta, xa estaban durmindo tod@s a sesta. Cocemos un kilo de percebes, fritimos un san martiño e bebemos duas botellas de albariño,

para rematala tarde ( por un día, que conste eh) sen saber quen era o pai nen o fillo. :-)

 

 

A Filla Do eXoRCiSTa TaMéN eRa GaLeGa...

 

Si, "a filla do exorcista tamén é galega" ven sendo o títudo da minha derradeira exposición, Un títudo que non me atrevín a poñer nos cartel por mor a que me retiraran a suvención do patronato de cultura, jajaja...

Colgar unhas fotos dunha parede parece que non deixa de ser un arrebato exhibicionista e do máis egocentrista. Iste é o resultado dunha pequena enquisa feita con certa malicia a uns cantos amigos. O de exhibicionismo non me chamou tanto a atención , porque sempre tiven certa tendencia a ir perdendo roupas pola camiño ata quedar espido para o mundo, pero en canto ao do egoismo, doume que cavilar,  e aínda non cheguei a ningunha conclusión...

O que teño por certo é que para min, "colgar fotos dunha parede", non deixa de ser unha vía de escape que me axuda a fuxir un pouco deste mundo tan  politizado e contaminado e achegarme ao mundo da cultura e da arte.

Bueno, como digo sempre, moverme para que o mundo non pare.

cartel-1

 

RaMóN DoMíNGueZ ...

 

Ramón Domínguez e un ser vivo feito de carne e poesía.  A súa música é unha paisaxe de palabras con arrecendos a compromiso e ilusión por construir sempre un mundo feliz... onde para crecer, non faga falta facerse maior senón que chega con facerse mellor.

O Venres, posiblemente nun dos lugares onde é máis feliz cantando, no bar "El Faro" do seu amigo Carlos e xunto ca súa banda, fíxonos disfrutar unha vez máis dese poeta, músico e neno grande que leva dentro.

Bravo, bravísimo, Mon...

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres