O SoN Do GalPóN
Unha das minhas debilidades nas vacacións é ir a praza de abastos de Santiago de Compostela, a mercar ou a comer cos ollos. E este pasado verán, xunto do meu "colega" Uxio, achegámonos a ela para facer unhas fotos e almorzar despois polo casco vello, pero chegamos ao mercado e fomos directamente ollar o peixe bailar e bateron os nosos ollos nuns percebes que deseguida nos fixeron cambiar de plans. Aquela mañán íamos darlle unha sorpresa as nosas mulleres, colleríamos dos kilos de percebe, uns san martiños, botellas de albariño e regresaríamos á casa para preparar un tenderete do carajo.
Pero como tíñamos o coche na praza de Galicia, baixamos pola rúa do villar ata que chegando á praza do Toural escoitamos uns acordes que nos fixeron deixar no chan as bolsas dos percebes, do peixe e do albariño para escoitar un pouco aquel concerto que prometía caña da boa... no palco, SoN Do GalPóN a golpe de violin, guitarra, baixo, batería e unha voz (a de Gael) para secuestrar a nosa vontade e facernos cambiar na mañán outra vez máis de plans, e deixar as nosas queridas mulleres sen comer :-( .
Alí estivemos, disfrutando daquel concerto bravú da música emerxente do país ata que se fixo o silenzo de pedra no Toural. Cando chegamos a Prevediños de volta, xa estaban durmindo tod@s a sesta. Cocemos un kilo de percebes, fritimos un san martiño e bebemos duas botellas de albariño,
para rematala tarde ( por un día, que conste eh) sen saber quen era o pai nen o fillo. :-)
9 comentarios
o ferreiriño de paxariñas -
Paco Penas -
Paideleo, a minha compañeira sempre di "que ben se está cando se está ben " :-)
paideleo -
Meris -
Paco Penas -
Carlos, a minha familia é xenerosa canto queren, só por vernos felices a nós os dous non lle importa quedar sen comer.
Carlos Sousa -
O peor dubo ser cando despertou o resto.
Un saúdo.
peke -
Paco Penas -
Chousa da Alcandra -