Blogia
DoRViSou

ToDo e NaDa...

IMG_2109

ZooM

Estou na minha praia dos enoxados. A marea alta tragou a praia inteira dun bocado. Nestas horas da mañán adoito a estar sempre so pero hoxe, ao carón da pedra na que estou sentado, hai unha señora esparramada na areia. Unha señora que semella non pensar en nada.

Máis lonxe, sempre lonxe da pedra na que estou sentado, hai tamén dúas mulleres e un home bebendo  mate. Os tres falan, falan e falan sen dicir nada. ...

E todo elo, mentras estou sentado nunha pedra, escribindo e pensando na fascinación de non pensar en nada.

8 comentarios

Paco Penas -

Chousa, peke, Marinha, Muralliña dos meus amores, muñeiro da vida, grazas pola visita e polos aloumiños.

O muiñeiro do tempo -

falar moito sen dicir nada deberíanos levar a pensar en nada.

muralla -

Débese estar mui ben nesa praia!!!
Sentome un ratiño o teu carón e dígoche que te quero, ainda que non o demostre...
Bicos

Marinha de Allegue -

Delicado e delicioso post...

Unha aperta reflexiva para ti.
:)

peke -

Precioso post.

Chousa da Alcandra -

E baduamos e baduamos, e nada comunicamos. Cantas veces pasa!
A tua foto sí que comunica. Inspírame unha casa guanche calmosa e pacífica, ainda que volcánica...

Paco Penas -

Neste mundo no que vivimos é difícil non pensar en algo. Cando coidas que o conseguiches soa o móvil. (eu non o teño pero xa me entendes)

caladinha -

Que sensación tan zen transmite.

El mar ya oscuro: los gritos de los patos apenas blancos