Blogia
DoRViSou

MaLPaíS De RaSCa

<center>MaLPaíS De RaSCa
Fai tanto tempo que é navidade que xa non me quedan papilas gustativas para seguir disfrutando neste tempo de viños e rosas.
Esta mañan levanteime e fun a pasear por un dos paraxes máis fermosos do sur de Tenerife. A dez minutos da minha casa, aparruñando por uns roleiros cheos de retamas, tabaibas, violetas do teide... e deixando atrás un mar de plataneiras e un mundo de encofrados e cementos, pérdome polo malpaís de Rasca. Un xardín en Marte, un corgo de auga no deserto, un paradiso para os sentidos mermados do home enfermizo de primeiros do século XXI.

Fai uns días facía un pequeno comentario sobor do porto industrial de Granadilla, e hoxe non quixera pasar por alto unha cuestión tan emerxente como é, a espada de Damocles que colga deste espazo ameazado. Ese mostruo, como é o sector inmobiliario(non perdan detalle da foto) nunha zoa turistica. Para escomenzala troula abonda con decir, que o supremo de Canarias volveu a decir que se rexeitaban os trámites da declaración de ben de interés cultural por estar o expediente caduco ou fora de plazo. Así que xa me vexo, cando sexa vello volvendo a camiñar cara a ningures.
O peor de todo foi que estaba tan relaxado que, ¡plas! de súpeto saltou un coello ao meu carón e destrozoume... deseguida me dei conta que son fraxíl como unha boliña da árvore do Nadal cando cae o chan.
Un balde cheo de bicos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

6 comentarios

dorvisou -

Esta sí que é unha grande sorpresa D.Armindo. Intentarei facerlle unha visita no próximo mes de Xuño cando vaia por esa terra querida.
Que pase unhas boas festas do Nadal e que o ano 2005 traiga moita paz e amor ao mundo.
Unha forte aperta.

dorvisou -

Muralla, hoxe mesmo decidin darlle un portazo a minha gula. ¡Xa está ben de tenderete!
As fotos teño que melloralas porque resulta que ando a probar unha cámara nova que me volveron a prestar e aínda non controlo moi ben unha cuestión. Ao sacalas con moita resolución teñen máis calidade pero despois para rebaixalas a 20k teñoo complicadiño. Agora ando a probar co photoshop, mellor dito ando a chafullar...
Bicos e máis bicos.

DORVISOU -

Oxalá non se den as minhas previsións e se conserve ese recuncho tan fermoso como esta. Mais temo, que non sexa dabondo o seu interes cultural como para frealo desmesurado afán por enladrillalo todo. Neste boletín do goberno canario do ano 2000, cando todo ía por bon camiño, pódese dar un por enterado.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Armindo Iglesias -

Estiven en Tenerife a gardo gratos recirdos da visita ó Teide, Puerto de la Cruz,Icoz de los vinos, Loro parque,el
drago del billete de 1000,etc etc. Saludiños.

muralla -

Por desgracia os destrozos os homes pra facer cartos non terá nunca fin. En todas partes pasa o mismo. Todos queremos vivir no campo e iste acábase...
As fotos, coma sempre, son preciosas. Vexo que ainda sigues de vacaciós e disfrutando dun ayuno excelente, jejeje...
Muitos bicos, queridiño. Carmiña.

peke -

Ou sexa, se non entendo mal, pretenden estragar esa zona a base de edificios. ¿Non é completamente ILEGAL?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres