MaLPaíS De RaSCa

Esta mañan levanteime e fun a pasear por un dos paraxes máis fermosos do sur de Tenerife. A dez minutos da minha casa, aparruñando por uns roleiros cheos de retamas, tabaibas, violetas do teide... e deixando atrás un mar de plataneiras e un mundo de encofrados e cementos, pérdome polo malpaís de Rasca. Un xardín en Marte, un corgo de auga no deserto, un paradiso para os sentidos mermados do home enfermizo de primeiros do século XXI.

Fai uns días facía un pequeno comentario sobor do porto industrial de Granadilla, e hoxe non quixera pasar por alto unha cuestión tan emerxente como é, a espada de Damocles que colga deste espazo ameazado. Ese mostruo, como é o sector inmobiliario(non perdan detalle da foto) nunha zoa turistica. Para escomenzala troula abonda con decir, que o supremo de Canarias volveu a decir que se rexeitaban os trámites da declaración de ben de interés cultural por estar o expediente caduco ou fora de plazo. Así que xa me vexo, cando sexa vello volvendo a camiñar cara a ningures.
O peor de todo foi que estaba tan relaxado que, ¡plas! de súpeto saltou un coello ao meu carón e destrozoume... deseguida me dei conta que son fraxíl como unha boliña da árvore do Nadal cando cae o chan.
Un balde cheo de bicos.
6 comentarios
dorvisou -
Que pase unhas boas festas do Nadal e que o ano 2005 traiga moita paz e amor ao mundo.
Unha forte aperta.
dorvisou -
As fotos teño que melloralas porque resulta que ando a probar unha cámara nova que me volveron a prestar e aínda non controlo moi ben unha cuestión. Ao sacalas con moita resolución teñen máis calidade pero despois para rebaixalas a 20k teñoo complicadiño. Agora ando a probar co photoshop, mellor dito ando a chafullar...
Bicos e máis bicos.
DORVISOU -
Armindo Iglesias -
drago del billete de 1000,etc etc. Saludiños.
muralla -
As fotos, coma sempre, son preciosas. Vexo que ainda sigues de vacaciós e disfrutando dun ayuno excelente, jejeje...
Muitos bicos, queridiño. Carmiña.
peke -