SeMPRe eN GaLiZa

porral_222.JPG
Quixen se-lo cantor da aldea,
quen posúe o repertorio amado,
o sentimento e corazón,
e de contido propio e forma única,
con palabras creadas para nomear,
as máis populares e por tal, auténticas,
todas necesarias.

Quixen se-lo cantor da aldea,
porque creo nela,
creadora...
(M. Daniel Varela Buxán "O patriarca do teatro galego")

Cando era neno tiña presa por saber que había detrás dos montes de Rebordaos.
Desde que subira soíño pola currupiña até o cume do Pereiro, ou mesmo desde que fóramos a festa de Circes e cruzara por primeira vez o Río Ulla polo pozo de Louridao, naquela barca cadrada que manexaba o muñeiro tirando dunha corda atada no outra beira do río... sentín que o mundo era moito máis grande do que sempre soñara.
Agora, mentras me dispoño a escribir aquelo que en baixo pensa a minha conciencia, doume conta de que ó decirlle adeus a Dorvisou, na procura doutros lares, non foi máis que subir acima dun carballo da capilla para ve-la aldea, que está feita do pano do que se tecen os sonos, desde o ceu.
¡Vou mirala febre, non sexa o perello...!
08/01/2005 20:16

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: muralla

Teñen que pasar os anos, temos que poñer distancia, pra saber ben que somos de donde nacemos, que formamos parte dese aire, desa auga, desa terra pra sempre xamais.
O pior é que xa non sabriamos vivir outra vez nela.
Bicos. Muralla.

Fecha: 08/01/2005 22:42.


gravatar.com
Autor: peke

Hoxe gústame máis o texto cá foto, Dorvisou, cousa difícil coas súas fotografías. O texto é precioso, aínda que por alusións debería meterlle o termómetro nun ollo. :))))) ;)))))

Fecha: 09/01/2005 17:18.



Autor: dorvisou

"O pior é que xa non sabriamos vivir outra vez nela"
Si, posiblemente sexa esta a máis dura das realidades. Graciñas muralla.

Perdoa peke e que contigo nunca non sei cando teño que rir ou chorar.
Bicos a granel.

Fecha: 09/01/2005 18:00.



Autor: peke

Procura rir sempre, Dorvisou, que os riso fai moito ben.

Fecha: 09/01/2005 23:34.


gravatar.com
Autor: caladinha

E poida ser... eses arrebatos de lucidez fanse acompañar moitas veces de febre.

Fecha: 10/01/2005 16:45.



Autor: dorvisou

O meu será un arrebato de lucidez, unha arroutada...
Mais a ti e a peke aconsellaríalles levalo termómetro no peto porque arrebatos desos teñen cada día.
Moitos biquiños.

Fecha: 11/01/2005 01:40.



Autor: mad

Eu tamén vou poñer o termómetro no peto
Beixos, lambón
E ti tamén quedas ben nas fotos, ¿por qué será?

Fecha: 11/01/2005 10:40.



Autor: dorvisou

¿No peto de quen, ho?
Mira madfaldiña, a min dixéronme cousas moi bonitas pero aínda falta que me chamen guapo dúas veces seguidas...jeje
Bicos tan largos como unha autopista.

Fecha: 12/01/2005 01:06.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]